Extracción masiva e falta de calcio nas rías: o conflito da mexilla alén da 'guerra' entre bateeiros e percebeiros
A disputa entre o sector mexilloeiro e o do percebe pola recollida da cría do molusco recrúa pola súa escaseza. O biólogo Pelayo Míguez sinala a ausencia de carbonato cálcico como a orixe da pugna e reclama "medidas urxentes" por parte da Xunta. "Chegamos xa tarde pero a situación non é irreversible", aclara.