A fin da temporada alta de verán destrúe 12.000 empregos nos últimos días de agosto en Galicia
A afiliación media á Seguridade Social sobe en 3.200 persoas pero cae bruscamente no último día de mes. O paro rexistrado descende en 670 persoas.
A afiliación media á Seguridade Social sobe en 3.200 persoas pero cae bruscamente no último día de mes. O paro rexistrado descende en 670 persoas.
Os Concellos de Zas, A Baña e Vimianzo convocan para este xoves unha manifestación contra a clausura das oficinas do banco nas súas localidades e ás que xa se uniron outros gobernos locais. "A Xunta mira para outro lado", di o rexedor zaseiro.
O SMI pasaría de 950 a 962 ou 969 euros este ano, medrando ata os 996 no 2022 e os 1.027 no 2023. Os sindicatos reclaman unha suba de 25 ou 30 euros para este ano, lembrando que os prezos están a subir máis dun 3%.
Varios executivos locais impulsan este xoves unha manifestación ante a sede do banco para rexeitar o peche de oficinas e outros amosan a súa indignación coa entidade. En Galicia xa hai medio cento de municipios sen sucursal bancaria ningunha.
O Índice de Prezos de Consumo situouse en xullo un 3,5% por riba nivel do pasado ano, a cifra máis elevada dende maio do ano 2011. A suba interanual dos prezos da vivenda, electricidade e gas (+11,3%) e do transporte (+9,4%) empurran o índice xeral e alimentan as demandas dunha suba importante do salario mínimo e do conxunto dos soldos
A marcha terá lugar o vindeiro xoves 2 de setembro e conta co apoio dos tres gobernos municipais e entidades veciñais e empresariais. Están a prepararse autobuses gratuítos para acudir a unha protesta contra os peches, previstos para o 8 de setembro e denunciados como "un ataque contra o rural"
A marca galega, impulsada por gandeiros do país, desenvolveu esta variedade de forma natural, seleccionando vacas que producían leite sen a proteína A1, responsable das molestias dixestivas que sofre unha parte da poboación ao beber leite. É a primeira vez que se comercializa a grande escala no Estado español e unha das primeiras veces en Europa.
Pódense atopar ofertas dez céntimos por debaixo do mínimo establecido. O sindicato sinala que "a política de brazos cruzados da Xunta para facer cumprir o Acordo Lácteo, un texto que Núñez Feijoo se fartou de cualificar de 'histórico', segue a empurrar á quebra as pequenas e medianas explotacións galegas"
Manter a actividade da empresa estando en ERTE ou ter empregados traballando máis horas das permitidas polo expediente parcial son as prácticas irregulares máis comúns.
O Tribunal Superior di que a “discrepancia” entre dúas datas decididas pola propia administración “non pode prexudicar a un administrado”
As imaxes do satélite Sentinel-2 amosan o brusco baleirado nas Portas, Cenza, Salas e Belesar nas últimas semanas, o que levou o Goberno central a abrir unha investigación pola xestión de Iberdrola e Naturgy.