Folga en Amazon no Porriño para vésperas de Nadal
A CIG, con maioría absoluta no comité de empresa do centro loxístico porriñés da Granxa, denuncia "ritmos de traballo e sobrecarga excesiva por falta de persoal" a "abuso da contratación parcial, fixa descontinua" e a través de ETT. As reivindicacións, subliñan, diríxense a unha multinacional con "beneficios millonarios" obtidos, coidan, mediante "a perversa lóxica de que canto máis roubo, máis gaño"