
- 🔊Entrevista | José Ramón Gómez Besteiro 18F Eleccións galegas
- Política
"O PP espera unha Galicia durmida, quen queira un rescate dos servizos públicos ten que ir votar"
O candidato do PSdeG á presidencia asegura percibir "que se reactivan os votantes do Partido Socialista nas locais e xerais que ás veces están parados nas autonómicas" e subliña que o seu partido, como "esquerda que xestiona", pode ter "protagonismo" nun cambio de Goberno que ve perfectamente viable se todo o electorado que quere "poñer fin á perda de oportunidades" para Galicia vai votar o 18F. Con el conversamos sobre o contexto electoral e as súas propostas.