
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
A campaña do PP, desde dentro
Reconstruímos a partir de conversas con media ducia de asesores e dirixentes populares como foron vivindo os sucesivos erros dunha carreira electoral que rematou en éxito
Reconstruímos a partir de conversas con media ducia de asesores e dirixentes populares como foron vivindo os sucesivos erros dunha carreira electoral que rematou en éxito
Os barrios periféricos e de recente construción de Vigo e da Coruña deron ao BNG as maiores porcentaxes de apoio nas urbes, roldando o 50% nalgunhas zonas. Falamos con veciñanza que engade á baixa media de idade ou á presenza maioritaria de clase traballadora algunha outra clave para explicar a importante suba do Bloque.
O BNG celebrou este sábado o seu primeiro Consello Nacional tras as eleccións do pasado 18 de febreiro, que para a líder nacionalista amosaron que "o Bloque non ten teito electoral". “Temos que seguir traballando para ensanchar a base social do BNG e facelo como até agora, sempre coa man tendida e cun sorriso", dixo
Nas seccións electorais con menos idade media a esquerda impúxose con claridade á dereita, que nas zonas máis envellecidas chegou a triplicar os votos do BNG. No 10% de seccións máis ricas os populares achegáronse ao 50% dos votos
O órgano de control censura que as mensaxes non estaban a comunicar ningunha novidade porque o acordo de suba salarial era do pasado ano e non ían ligadas ao ingreso da nómina, xa que esta chegaría en días posteriores
A interinidade nos liderados vén sendo unha das principais eivas do PSdeG nesta longa travesía de oposición. As primeiras reaccións orgánicas tras o pau electoral do 18F apuntan a que o lucense terá a oportunidade de construción dun proxecto galego para o partido que non puido culminar antes de verse obrigado a abandonar a política en 2016
Os datos amosan que houbo unha importante mobilización do voto progresista. Porén, a dereita tamén se mobiliza cando o resultado é axustado. A maior participación nas cidades elevou de forma significativa o voto progresista (+34 mil), pero tamén se incrementou o voto conservador nas urbes (+22 mil). En cambio nos concellos entre 5.000 e 20.000 habitantes, a esquerda non foi quen de reducir as distancias coa dereita.
A irrupción da Alternativa Galega de Esquerda en 2012 supuxo o inicio dun camiño que levou as mareas a gobernar tres cidades en Galicia e a En Marea a apañar o 25% dos votos nunhas xerais en Galicia. Desde aquela, as divisións e a falta de estrutura levaron á caída dun apoio que Sumar non deu recuperado neste 18F.