
A participación medra máis de seis puntos, con grandes aumentos na cidade de Ourense e en Ribeira
A mobilización do electorado é só lixeiramente inferior á rexistrada en 2009 a esta hora e supera en 7 puntos á de 2012 e 2016. Nas cidades hai grandes diferenzas entre o aumento da participación en Ourense (+10 puntos) ou Lugo (+9) e a evolución de Ferrol, onde só medra tres puntos. Vigo, A Coruña, Santiago e Pontevedra móvense entre os seis e os sete puntos, con datos semellantes á media do conxunto do país