Dúas detencións máis polo asasinato de Samuel Luiz, neste caso dous menores de idade, segundo confirma a Delegación do Goberno de España en Galicia. Confírmanse na mañá en que os catro primeiros detidos, tres homes e unha muller maiores de idade, pasaron á disposición do xulgado de instrución número 1 da Coruña tras seren acusados pola Policía de homicidio e un deles, tamén de apropiación indebida.
