Falece aos 41 anos o músico ourensán Xaime Mateo, que formou parte de proxectos como O Sonoro Maxín, Emilio José e Os Indígenas, MounQup e, sobre todo, Os Amigos dos Músicos. Na imaxe, durante unha entrevista con VINTE
Fálase
Gabriel Boric, candidato da esquerda, será o novo presidente de Chile tras impoñerse co 55% dos votos ao aspirante da extrema dereita, José Antonio Kast. "Estamos ante un cambio de ciclo histórico e non o podemos desaproveitar", proclamou o vencedor dos comicios. Imaxe divulgada pola candidatura gañadora. O escrutinio oficial pódese revisar nesta ligazón
Galicia despide un outono moi seco. O informe de MeteoGalicia sobre os meses de setembro, outubro e novembro traslada que a precipitación media foi de 269 l/m² (recollida polas 16 estacións máis significativas) e que isto se traduce "nunha anomalía negativa dun 34% con respecto aos valores normais". Así mesmo, o outono foi cálido no país, "cunha temperatura media obtida a partir das estacións meteorolóxicas máis representativas de 14,7ºC, é dicir, 0,25ºC máis do esperado".
Pedro Sánchez convoca unha conferencia extraordinaria de presidentes autonómicos. Será na tarde do 22 de decembro, de maneira telemática, desde o Senado co fin de ″estudar medidas″ para enfrontar a incidencia da COVID-19. O presidente do Goberno do Estado advirte dun ″risco real″ cunha incidencia de ″511 casos por 100.000 habitantes a 14 días″ no conxunto do Estado, que ″esixe que intensifiquemos as nosas accións″.
″Vacinarse, vacinarse e vacinarse″, repetiu Sánchez como resposta ao coronavirus, con máis do 82% das persoas maiores cunha dose de reforzo da vacina contra a COVID e unha resposta ″igual de formidable″ nos nenos e nenas de 5 a 11 anos, pois Sánchez trasladou que ″en tres días vacinamos case o 5% desta poboación″ no Estado.
O Parlamento celebra unha sesión solemne para conmemorar o seu 40 aniversario. A partir das 12.30 horas deste domingo a Cámara acolle as intervencións dos portavoces dos tres grupos parlamentarios, do presidente da Xunta e do presidente do Parlamento. A sesión no Pazo do Hórreo pode seguirse en directo a través do sitio web do Parlamento e da TVG.
+ INFORMACIÓN | O Parlamento celebra o seu 40 aniversario: "Galicia non demanda privilexios pero tampouco atura aldraxes"
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, gaña o congreso do PP vigués e convértese na nova presidenta do partido na cidade fronte ao ex conselleiro de Economía Javier Guerra. Só 615 militantes da formación viguesa, dos 5.000 afiliados, puideron votar neste XIII congreso local do PP, que será clausurado por Feijóo.
+ INFORMACIÓN 👉 Marta Fernández-Tapias vence a Guerra no congreso do PP de Vigo, o "inicio da remontada" despois da "humillación" para Feijóo
Pedro Sánchez confirma que Joan Subirats será o novo ministro de Universidades tras a marcha de Manuel Castells. O presidente do Goberno de España expresa a súa "admiración" por Castells, a quen agradeceu o seu labor, e sinala o amplo currículo académico de Subirats e mais a súa experiencia política no Concello de Barcelona no Goberno de Ada Colau. [Imaxe: Concello de Barcelona]
O ministro de Universidades, Manuel Castells, deixa o Goberno do Estado tras dous anos, como avanza eldiario.es, que tamén apunta a que Joan Subirats, que foi concelleiro de Cultura en Barcelona con Ada Colau, será o substituto de Castells no Ministerio.
A Estrada acolle este venres a entrega do XXVI Premio Xornalístico Reimóndez Portela a David Reinero pola serie de entrevistas sobre os 40 anos do Estatuto publicada en Praza.gal. No acto, ás 11 horas no recinto feiral, intervirán o alcalde da Estrada, José López Campos, o premiado e representantes do comité de seguimento do premio conformado polo Concello, a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada e a Deputación de Pontevedra.
O Tribunal Superior de Xustiza autoriza a Xunta a esixir o certificado COVID de vacinación, recuperación ou test negativo para acceder a "residencias, ximnasios e eventos multitudinarios", cando menos ata o 18 de xaneiro. dá tamén luz verde á prórroga da medida na hostalería, en pubs e discotecas, en albergues es para as visitas en hospitais.