Morre aos 68 anos Akira Toriyama, creador de Son Goku e da serie As bólas máxicas, que a TVG comezou a emitir en 1990. [Imaxe: Toei Animation].

Morre aos 68 anos Akira Toriyama, creador de Son Goku e da serie As bólas máxicas, que a TVG comezou a emitir en 1990. [Imaxe: Toei Animation].
Galicia preséntase para ser a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública que creará o Ministerio de Sanidade. Este xoves, a Consellería de Sanidade acolleu unha das reunións [na imaxe CC-BY-SA Xunta] da Ponencia de alertas do Sistema Nacional de Saúde coa asistencia de técnicos de Saúde Pública das diferentes comunidades e cidades autónomas, do Centro Nacional de Epidemioloxía e do director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio, Fernando Simón.
Rueda considera "unha ocurrencia", sen dar máis argumentos en contra, a proposta da vicepresidenta e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, de racionalizar as xornadas laborais na hostalaría para que as ceas non se prolonguen ata a madrugada.
Ante a demora de Talgo en entregar os trens Avril, Renfe anuncia 2.000 prazas por semana entre Galicia e Madrid a 25 euros do 1 de abril ao 6 de maio. Renfe comezará a vender os billetes o vindeiro luns e deberán adquirirse cunha antelación mínima de 10 días respecto da data da viaxe.
Exército Mekemeke, o videopodcast conducido por Carlos Vieito acompañado de Lidia Veiga e Miguel Abad que sae desde Ames para o mundo, finalista nos III Premios Ondas Globales del Podcast na categoría de 'Mejor podcast en Lengua Cooficial del Estado'. Este programa galego cargado de humor compite con propostas dos medios públicos de Catalunya, Euskadi e Illes Balears.
PSOE, Junts e ERC pactan unha lei de amnistía para "todas as persoas" ligadas ao procés que din "conforme coa Constitución" e "os mellores estándares europeos e internacionais". O texto coñecerase e votarase este xoves na Comisión de Xustiza do Congreso. Na imaxe, de arquivo e publicada pola Moncloa, Sánchez e o presidente da Generalitat.
O DOG publica os resultados oficiais do 18F e a relación de deputadas e deputados proclamados electos.
O Consello de Ministros autoriza a obra que conectará a alta velocidade galega coa do norte da Península sen pasar por Madrid. A actuación, de 8,2 quilómetros e 38,4 millóns, permitirá unir en Olmedo (Valladolid) a liña Galicia-Madrid coa que vai a Valladolid e desde alí a Asturias ou Euskadi.
Facebook e Instagram sofren unha caída xeneralizada en todo o mundo. As redes sociais de Meta impiden o acceso ao servizo sen que polo momento a empresa indicase a causa. [Imaxe: Dawid Sokołowski / Unsplash]
Wael Al Dahdouh, Pablo González, Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi e Fran Sevilla, candidaturas do Premio Couso, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, que chega á súa vixésima edición.