O DOG publica os resultados oficiais do 18F e a relación de deputadas e deputados proclamados electos.

O DOG publica os resultados oficiais do 18F e a relación de deputadas e deputados proclamados electos.
O Consello de Ministros autoriza a obra que conectará a alta velocidade galega coa do norte da Península sen pasar por Madrid. A actuación, de 8,2 quilómetros e 38,4 millóns, permitirá unir en Olmedo (Valladolid) a liña Galicia-Madrid coa que vai a Valladolid e desde alí a Asturias ou Euskadi.
Facebook e Instagram sofren unha caída xeneralizada en todo o mundo. As redes sociais de Meta impiden o acceso ao servizo sen que polo momento a empresa indicase a causa. [Imaxe: Dawid Sokołowski / Unsplash]
Wael Al Dahdouh, Pablo González, Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi e Fran Sevilla, candidaturas do Premio Couso, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, que chega á súa vixésima edición.
Falece o mestre e escritor vigués Alfonso Álvarez Cáccamo aos 71 anos. Profesor no CPI de Panxón (Nigrán) ata que se xubilou no ano 2011, Álvarez Cáccamo publicou unha extensa obra narrativa e tamén poesía, así como numerosos artigos en prensa. Recibiu o Premio Xerais de Novela en 1990 por As baleas de Eduardo Reinoso, o premio Café de Catro a Catro de Novela por Peito de vimbio, ou o galardón Manuel García Barros de Novela pola obra O Espírito de Broustenac, entre outros recoñecementos. [Fotografía de arquivo de Edicións Xerais de Galicia]
PARO REXISTRADO| As inscricións nas oficinas de emprego diminuíron un 0,40% en Galicia durante o mes de febreiro (-518 persoas) e quedan en 130.583, isto é, 13.509 menos que hai un ano (-9,38%, máis de tres puntos por riba da media estatal, que foi do -5,17%) e outra volta a cifra máis baixa da serie histórica. No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social aumentou en Galicia en case 4.500 persoas (+0,43%) e chega aos 1,06 millóns de cotizantes, 19.194 máis que no mesmo mes de 2023 (+1,85% e na media estatal, +2,67%).
A conselleira Ángeles Vázquez insiste en que a Xunta non aplicará "de oficio" a lei para limitar os prezos dos alugueiros pero asegura que "estudará as solicitudes que cheguen dos concellos". A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda insistiu nunha entrevista na Radio Galega no dito esta mesma semana polo presidente Rueda, que responsabilizou os municipios.
Ana Peleteiro, medalla de bronce no Mundial de atletismo en pista cuberta que se celebra en Glasgow. A galega, tras dous anos fóra da competición de triplo salto e despois de ser nai, regresa cun novo éxito logo do bronce nos últimos Xogos Olímpicos e na mesma pista onde se proclamara campioa de Europa en 2019. Acabou terceira cun salto de 14,75 metros. Imaxe: RFEA.
Varios ríos e rías en Galicia en vixilancia por risco de inundacións e circulación complicada na A-6 pola neve durante un novo temporal en Galicia.
Detido un veciño de Mesía acusado de agredir sexualmente empregadas e captar inmigrantes para prostíbulos. Anunciábase nunha web ofrecendo traballos de camareira, limpadora ou persoal para obras e reformas.