Detido un veciño de Mesía acusado de agredir sexualmente empregadas e captar inmigrantes para prostíbulos. Anunciábase nunha web ofrecendo traballos de camareira, limpadora ou persoal para obras e reformas.

Detido un veciño de Mesía acusado de agredir sexualmente empregadas e captar inmigrantes para prostíbulos. Anunciábase nunha web ofrecendo traballos de camareira, limpadora ou persoal para obras e reformas.
O PSdeG convoca para o 7 de abril as súas primarias á secretaría xeral e para o 27 o Congreso Extraordinario no que ratificará a nova dirección. Valentín González Formoso chama a "reflexionar profundamente" tras os "malos" resultados o 18F.
A Xunta desactiva o seu plan anticontaminación "pola baixa incidencia de pellets na costa". O Goberno galego indica que "os coordinadores dos grupos de resposta en terra e mar" salientan que "a pesar das condicións oceanográficas favorables para a entrada de máis material á costa galega nos últimos días, non se apreciou novas chegadas significativas de máis granulado". [Imaxe: © Greenpeace]
Pontón reitera a reclamación dunha "auditoría dos contratos de urxencia feitos polo Goberno do PP" entre marzo e decembro de 2020, ao inicio da pandemia. "Se non ten nada que agochar, non debería ter inconveniente", sinala a portavoz nacional do BNG ao ser preguntada polo 'caso Koldo', ao respecto do que reclama "ser implacable contra a corrupción" e sobre o que lembra a "falta de transparencia" nas contratacións de urxencia ao inicio da pandemia da COVID en diversas administracións, "incluída a Xunta". A líder do Bloque sinalouno durante un encontro na Coruña coas deputadas e deputadas da formación por esta provincia para a nova lexislatura.
Israel mata decenas de persoas en pleno reparto de axuda humanitaria en Gaza. Médicos sen Fronteiras amosa o seu "horror" por un ataque que, lembra, se produce mentres medra a fame entre a poboación palestina por mor das accións dos ocupantes israelís, que se limitan a atribuír as mortes de civís neste suceso a unha avalancha.
Gómez Besteiro renuncia á súa acta no Congreso para exercer como deputado na Cámara galega tras o 18F. "Renuncio á miña acta para seguir traballando por todos os galegos e galegas desde o Parlamento da nosa terra", di o que fora candidato do PSdeG á presidencia da Xunta. O comité nacional dos socialistas galegos avalía o posible adianto do Congreso no que, todo apunta, Besteiro asumirá o liderado do partido.
Persoal da banca secunda unha xornada de folga en Galicia por un convenio "xusto" e digno, "acorde cos beneficios millonarios das entidades". Centos de persoas manifestáronse na Coruña para reclamar a recuperación do poder adquisitivo ou a redución de carga de traballo.
The Rapants, a banda formada por Matías, Samu, Xanma e Xaquín, anuncia o seu terceiro disco La máquina del buen rollo para o 14 de marzo. O cuarteto muradán esgotou en cuestión de horas as entradas para as dúas datas de presentación na sala Capitol de Santiago para os días 23 e 24 de marzo, e antes participará no festival EmigraSon en Bruxelas. Este disco, “máis tranqui pero máis cañeiro que os anteriores”, é “moi próximo ao que o público pode escoitar en directo”, salientan.
Novas revelacións sobre a trama de corrupción Koldo sinalan que Miguel Tellado se reuniu cun dos investigados e que o xuíz apunta o ex-ministro Ábalos como "intermediario". O PSOE pide explicacións a Feijóo sobre a reunión do seu número dous co líder da trama corrupta, algo que negan o portavoz do PP e o propio partido. O ex-asesor de Ábalos dixo que quedara con Miguel Tellado "e con Alberto ao día seguinte".
Pontevedra será a sede do ESEE-Degrowth 2024, un congreso no que se agrupan a 15ª Conferencia da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica (ESEE) e a décima Conferencia Internacional de Decrecemento, entre o 18 e o 21 de xuño. "Son eventos irmáns, que reúnen a elite da investigación sobre economía ecolóxica", salientou o director do grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo, Mario Pansera.
Ademais da programación científica haberá "actividades non académicas" dirixidas ao conxunto da cidadanía. O evento buscará xerar un debate sobre as ideas do decrecemento e poscrecemento, que, como sinalou Pansera, fan referencia a como as sociedades poden manter "unha relación sostible co medio ambiente" e "vivir mellor sen ter que medrar de forma infinita, que é imposible". [Na imaxe, CC-BY-SA UVigo, a presentación no Concello de Pontevedra]