O Goberno de España e a Igrexa acordan a fin da exención dos impostos sobre Contribucións Especiais e sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) para a institución católica. Nun comunicado conxunto, sinalan que o pacto se encadra nas negociacións para "equiparar o réxime fiscal da Igrexa católica coas entidades sen ánimo de lucro, conforme ao principio de non privilexio e non discriminación". Este acordo coa Conferencian Episcopal implica derrogar a orde do Goberno de Aznar que asentou no ordenamento xurídico do Estado esa exención de impostos para a Igrexa. Na imaxe, o ministro da Presidencia, Félix Bolaños, e o nuncio do Vaticano en España, Bernardito Cleopas, na sinatura do acordo. [© Conferencia Episcopal]
- HEMEROTECA | A Igrexa rexistrou 7.131 bens en Galicia entre 1998 e 2015, máis da metade terreos e edificios de uso non relixioso
- HEMEROTECA | “Falan moito do ben común, pero o ben común non é para uns poucos, é para todos”
- HEMEROTECA | Feijóo sentencia que o cobro de impostos á Igrexa "non lle interesa a ninguén"