Vén de publicarse no D.O.G. a orde que aproba o 'Plan de hostalaría segura', o novo protocolo para bares e restaurantes que entra en vigor este mércores e que de momento non recolle os efectos da sentenza do Tribunal Supremo que avala á Xunta para esixir o certificado COVID
Fálase
Medio Rural dá por extinguido o incendio forestal que comezou en Ribas de Sil o pasado 6 de setembro. As últimas medicións apuntan a que arderon 1.592,90 hectáreas, máis dun milleiros delas de monte arborizado. A elas agréganse as 140 que arderon no outro foco que atinxiu a outra parroquia do mesmo concello. Na imaxe, tomada por efectivos da Brif de Laza, un instante dos traballos de extinción.
O Tribunal Supremo atende o recurso da Xunta e aválaa para esixir o certificado COVID no acceso á hostalería, pubs e discotecas. A medida fora rexeitada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o pasado agosto. Máis información, esta tarde en Praza.gal
Comeza en VINTE a programación das curtametraxes da sección Novas Camadas - Deleite do Festival de Cans. Inaugúrase hoxe con Dores, a curtametraxe documental sobre os campos de concentración franquistas en Galicia. Podes vela ata as 9:59 deste 15 de setembro nesta ligazón.
A taxa de variación anual do Índice de Prezos de Consumo (IPC) en Galicia sitúase en agosto no 3,9%, o valor máis elevado dende abril de 2011 e catro décimas por riba do dato de xullo. O principal responsable é o encarecemento de electricidade, gas e outros combustibles, un 29% nos últimos doce meses e un 24% no que levamos de ano.
O Goberno galego inicia o trámite para que o Parlamento acolla en outubro o primeiro debate de política xeral da lexislatura. O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, trasladou á Cámara este martes a solicitude coa que comeza a tramitación. Esta sesión non se celebra dende setembro de 2019 (na imaxe), xa que a actual lexislación non contempla que haxa debate de política xeral en ano electoral, caso de 2020. [Foto: © Parlamento de Galicia]
Stellantis Vigo suspende a quenda de fin de semana de furgonetas e monovolumes pola falta de microchips
Varios barrios de Santiago e os concellos de Ames e Brión, afectados por cortes de auga debido a unha vertedura no río Tambre.
Morre aos 81 anos Jorge Sampaio, presidente de Portugal entre 1996 e 2006 e último socialista ata o momento en ostentar a xefatura do Estado no país veciño. Sampaio recibiu a Medalla de Ouro de Galicia en 1996. Na imaxe, fotografía difundida polo Partido Socialista para expresar as súas condolencias polo pasamento de quen tamén foi o seu secretario xeral e alcalde de Lisboa.
A Audiencia da Coruña resolve manter en prisión provisional a un dos acusados do asasinato de Samuel Luiz. O tribunal rexeita o recurso que interpuxo por apreciar risco de fuga "debido á petición de pena de cárcere á que se pode enfrontar" e de "alteración de fontes de proba". Consideran, ademais, que este acusado compareceu inicialmente de maneira voluntaria ante a Policía como "estratexia procesual", máis que por "intención de colaborar", xa que "a súa identidade xa fora descuberta" e "non entregou aos axentes o teléfono móbil da vítima", co que quedara.