Máis dunha vintena de personaxes do cómic pódense ver xa polas rúas da Coruña, dende o Spiderman do Obelisco ao Superman que dá a benvida á cidade dende un paso elevado na Avenida da Vedra, pasando por Os Simpsons, Hellboy, Esther, Blacksad, Corto Maltés ou Groucho, distribuídos por distintos escenarios da urbe herculina. O vindeiro luns comeza o Viñetas deste o Atlántico, que este ano inclúe por vez primeira unha figura dun personaxe do cómic galego, o Gaspariño do Xaquín Marín, que presidirá as sesións do ‘Viñetas Late Night’ no Teatro Colón.
