A Coruña será a sede da edición 2023 da Womex, o mercado profesional máis importante das músicas do mundo. O anuncio oficial, adiantado este luns pola alcaldesa Inés Rey e polo director do evento Alex Walter, realizarase a vindeira semana na clausura da presente edición, que comeza este mércores en Lisboa. Entre o 25 e o 29 de outubro do vindeiro ano pasarán pola cidade herculina máis de 3.000 profesionais entre programadores, promotores, artistas e xornalistas chegados de todo o planeta.
