200 persoas homenaxearon este sábado a Manuel María e a Saleta Goi no barrio coruñés de Monte Alto, onde residiron dende hai 25 anos e ata o falecemento de ambos. No acto organizado pola asociación de veciños e veciñas interviron Camilo Pardo, Alberto Ansede, Felipe Senén, Malena Tenreiro, Xes Senén, Maca Silva e María Xosé Bravo.
