O Concello de Pontevedra confirma que o Constitucional admitiu a trámite o seu recurso contra a prórroga de ENCE. O permiso para que a pasteira continúe en Lourizán ata 2073 foi outorgado polo Goberno de Rajoy en funcións en 2016 e en 2021 anulouno a Audiencia Nacional, pero o Tribunal Supremo reverteu a decisión en 2023. O goberno local do BNG celebra a admisión no TC por considerar que é "extremadamente difícil" que recursos coma estes teñan percorrido, recolle Pontevedra Viva.
- HEMEROTECA | A pugna sobre a permanencia de Ence na ría, camiño do Constitucional e da UE tras o aval definitivo do Supremo
- HEMEROTECA | O ex-ministro Caamaño e un ex-presidente da Audiencia Nacional, no equipo co que Pontevedra busca anular a sentenza de Ence
- HEMEROTECA | A ría de Pontevedra, ata 115 anos xunguida a Ence coa blindaxe do PP que agora avala o Supremo
