Rueda reitera que o de Gaza é "unha masacre, unha salvaxada" pero evita novamente falar de "xenocidio". O presidente da Xunta di que non ten "outra atadura política que a miña conciencia"

Rueda reitera que o de Gaza é "unha masacre, unha salvaxada" pero evita novamente falar de "xenocidio". O presidente da Xunta di que non ten "outra atadura política que a miña conciencia"
Novas pintadas ameazantes en Lugo, desta vez xunto a unha mezquita, tras as que sufriu a sede do PSdeG nos pasados días por parte da extrema dereita. A expresión "moros de mierda" foi escrita nunha fachada da rúa Túnel de Oural, segundo informa El Progreso.
A universidade privada de Abanca anuncia a creación do seu propio instituto de investigación en colaboración con HM Hospitales ou Plexus. A Universidad Intercontinental de la Empresa presume do primeiro centro privado deste tipo no "ecosistema universitario do noroeste español", que terá sede en Santiago.
A Xunta dá por controlado o incendio de Pantón 10 días despois do seu inicio. As últimas estimacións de superficie ardida neste fogo, iniciado na parroquia de Pombeiro e que obrigou a varios desaloxos, roldan as 1.800 hectáreas, segundo Medio Rural, que especifica que 1.517 son arboradas e as 288 restantes, rasas. En anteriores estimacións apuntara a unhas 2.000. Na imaxe, bombeiros forestais traballando neste incendio a pasada semana [AT BRIF]
Novo ataque á sede do PSdeG en Lugo con pintadas da extrema dereita. Apenas dez días despois de fosen vandalizadas coa lenda "rojos de mierda", as instalacións socialistas na capital lucense e a beirarrúa anexa aparecen inzadas de insultos e mais mensaxes de apoio a Vox ou á Falange. "A ultradereita non nos calará coas súas ameazas nin cos novos actos vandálicos contra a nosa sede en Lugo", sinala o PSdeG, que agrega que "defendemos a democracia e seguiremos denunciando a súa estratexia de odio fronte a unha dereita compracente, que lle dá ás". [Imaxe: PSdeG]
A borrasca ex-Gabrielle trae chuvias e ventos intensos a Galicia dende o mediodía deste sábado, pero sen alertas en terra, resalta MeteoGalicia. No mar, o aviso é amarelo "por ondas de máis de 4 metros na Costa da Morte e nas Rías Baixas en mar aberto durante a noite". [Imaxe: © MeteoGalicia]
A maior parte dos representantes dos países presentes na Asemblea Xeral da ONU abandonaron a sala no momento en que ía intervir o primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu. Netanyahu anuncia que seguirá adiante co xenocidio en Gaza. Podes seguir aquí a sesión en directo.
A Xunta e o Goberno de España negociarán dende outubro o traspaso das competencias sobre aeródromos e permisos de traballo de persoas estranxeiras. Así o acordaron este venres o secretario de Estado de Política Territorial, Arcadi España, e o conselleiro da Presidencia, Diego Calvo. O mes vindeiro desenvolveranse "reunións técnicas" sobre ambas competencias que "permitan culminar un acordo que se materializará na
comisión mixta de transferencias", órgano bilateral de negociación entre ambos gobernos que chegou a estar 13 anos sen reunirse, de 2009 a 2022
Feijóo volve extremar o seu discurso migratorio en plena competencia electoral con Vox. O ex-presidente e actual líder do PP, avoga agora por limitar a inmigración a persoas "culturalmente próximas" e, en todo caso, "elixir quen entra, como e para que", dixo nun acto con representantes de sindicatos policiais centrado nas migracións. [Imaxe: © PP]
A UEFA, disposta a expulsar a Israel das competicións europeas de fútbol a vindeira semana, segundo afirma The Times. A maioría dos membros do seu comité executivo están dispostos a vetar os equipos israelís dos campionatos oficiais continentais. Foto: © UEFA.