Rueda entrega en persoa as chaves ás persoas beneficiarias de 40 vivendas públicas na Coruña.
Fálase
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié inician o proceso de escolla colectiva da Palabra do Ano 2023 a través do Portal das Palabras. Dende hoxe e ata o 10 de decembro poderanse realizar suxestións, da que sairán os vocábulos finalistas, que o público votará entre o 12 e o 25 de nadal. O pasado ano a palabra escollida foi comadres, un termo de evocación da sororidade froito da iniciativa dun grupo de mulleres unidas arredor dun obradoiro de literatura que a estendeu a través das redes sociais.
O PSOE seguirá gobernando Castro Caldelas tras a repetición este domingo das eleccións municipais do pasado maio. A socialista Sara Inés Vega revalidou a maioría absoluta. O anterior domingo Rueda quixo invitar a cervexas na vila malia que estaba prohibido facer campaña nesta repetición electoral.
Leilía comeza a súa xira de despedida, esta noite, no teatro Jofre de Ferrol. Anque me vou non me vou dá nome a este último percorrido polos escenarios que supón a oportunidade para escoitar en directo temas do derradeiro disco das cantareiras, Vidas Cantadas, onde reinterpretan pezas gravadas hai 30 anos.
- HEMEROTECA | Entrevista: "Chegamos a tempo para ser ponte directa entre as aldeas e o presente"
Galicia sae á rúa contra a violencia machista. Aínda que a meirande parte das mobilizacións deste 25N terán lugar cara á tardiña, ao longo do día xa foron numerosas as concentracións que tinguiron de morado as prazas galegas.
[Foto: Galiza Nova Pontevedra]Ana Pontón, proclamada oficialmente candidata á presidencia da Xunta. O Consello Nacional do BNG concluíu este sábado o proceso para a súa designación como candidata para as eleccións autonómicas, no que acadou case o 100% dos apoios das case 3.000 persoas que participaron nas asembleas comarcais, segundo informa Europa Press.
Pedro Sánchez abre a porta a que España recoñeza unilateralmente o Estado de Palestina e o ministro de Exteriores israelí acusa o Goberno español de "apoiar o terrorismo" e convoca os embaixadores para "unha dura conversa de reprimenda". Foto: Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa
- HEMEROTECA | Israel declara "inimigo" o Parlamento de Galicia
PSOE e BNG asinan o acordo de orzamentos da Coruña para 2024. As contas, de 375 millóns, entrarán en vigor o vindeiro 1 de xaneiro e priorizan as políticas sociais, a revitalización dos barrios e a mobilidade sostible.
Investigan como posible violencia de xénero a morte dunha muller cuxo cadáver apareceu este xoves no Porriño cun pano na boca. Así o publica na súa web Europa Press, que sinala citando fontes policiais que o cadáver puido ser trasladado desde outro lugar ata onde apareceu, nas inmediacións dunha estación da ITV no polígono industrial das Gándaras.
Morre Nené Barral, alcalde de Ribadumia ata 2001 e pendente desde aquela de xuízo por contrabando.