Morre Tejero, o tenente coronel protagonista do 23-F. O anuncio da súa morte, aos 93 anos, coincide coa desclasificación de documentos do Golpe de Estado por parte do Goberno de España. [Imaxe: TVE]
Morre Tejero, o tenente coronel protagonista do 23-F. O anuncio da súa morte, aos 93 anos, coincide coa desclasificación de documentos do Golpe de Estado por parte do Goberno de España. [Imaxe: TVE]
O PP coloca un pequeno busto de Manuel Fraga nas instalacións do seu grupo no Parlamento "despois do debate suscitado nos últimos días, unha vez máis polos grupos da esquerda radical, cun ataque ao busto de Fraga localizado na súa vila natal, en Vilalba; e coa petición de retirada do que está colocado no Senado de España".
O Goberno de España ten xa publicada no web da Moncloa toda a documentación do 23F que vén de desclasificar. "Recordar o pasado é a mellor forma de avanzar con progreso, concordia e liberdade", sinala Pedro Sánchez.
✍️45 anos despois do golpe estamos a recuperar a reportaxe que elaboramos en Praza.gal polo cuadraxésimo aniversario, na que conversamos con militantes da esquerda sobre as súas vivencias daquel tempo e reconstruímos os nomes galegos das 'listas negras' que os golpistas manexaban
O BOE publica a desclasificación de todos os "asuntos, actos, documentos, informacións, datos e obxectos" relativos ao intento de golpe de Estado" do 23F e fai oficial o acordo aprobado este martes no Consello de Ministros. Está previsto que a documentación estea dispoñible no sitio web oficial de La Moncloa en torno ao mediodía deste mércores.
✍️45 anos despois do golpe estamos a recuperar a reportaxe que elaboramos en Praza.gal polo cuadraxésimo aniversario, na que conversamos con militantes da esquerda sobre as súas vivencias daquel tempo e reconstruímos os nomes galegos das 'listas negras' que os golpistas manexaban
O Tribunal Constitucional levanta por unanimidade a suspensión provisional das reformas da Xunta sobre repotenciación dos parques eólicos e trámites da Lei de Dependencia mentres resolve o fondo do asunto. Ambos preceptos, incluídos na lei de acompañamento dos orzamentos de 2025, foron recorridos polo Goberno de España ao considerar que invaden competencias estatais. O TC considera que manter a suspensión sería máis prexudicial para o medio ambiente que levantala, no caso da norma eólica, e que na tramitación conxunta das valoracións de discapacidade e dependencia non hai un prexuízo para o interese público mentres o caso segue adiante. [Imaxe: © TC]
O Consello da Cultura Galega entrega as súas Medallas de Honra a Kathleen March e a Francisco Díaz-Fierros. A filóloga estadounidense e o edafólogo arousán recibiron este martes os galardóns en recoñecemento á súa contribución ao desenvolvemento das actividades da institución.
CIG-Saúde convoca folga na atención primaria o vindeiro 12 de marzo ante a "situación límite do sistema". Persoal concentrouse en centros de saúde e PAC para exixir "medidas urxentes" que garantan a "calidade asistencial e condicións laborais dignas".
O conselleiro de Cultura recibe no Gaiás á "fallera maior de València", Carmen Prades, e "á súa corte" nun encontro para "coñecer máis sobre esta celebración", indica José López Campos [Imaxe: CC BY-SA Xoán Crespo / Xunta]
O Parlamento aproba cos votos a prol de PP, BNG e PSdeG e a abstención de DO a lei de urxencia para emendar o erro da Xunta que impedía desgravar na vindeira declaración da renda os libros de texto ás familias que os pagaron en efectivo. Nacionalistas e socialistas reprochan ao Goberno galego que tivese que optar por estas vía para poñer un "remendo" na súa propia "chapuza". Nas imaxes; o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e Alberto Pazos (PP), Noa Presas (BNG) e Aitor Bouza (PSdeG), durante o debate [© Parlamento].
CCOO rexeita a última proposta da patronal de transporte de viaxeiros da Coruña e non asinará o convenio. A afiliación do sindicato di non ao acordo, rexeitamento que se une á negativa da CIG. A decisión pon fin á negociación levada a cabo no Consello Galego de Relacións Laborais sen a aprobación dun novo convenio colectivo, o que abre a posibilidade de que se reinicie a folga.