Besteiro alerta en Baleira de que a falta de médicos no rural é xa un problema estrutural da sanidade galega. O líder do PSdeG enmarca a situación deste centro de saúde, con falta reiterada de persoal, nun deterioro progresivo da atención primaria en Galicia logo de máis de 16 anos de goberno do PP e anuncia que levará a demanda de Baleira e de tantos outros concellos de Galicia ao Parlamento.