As obras na estación da Coruña cortarán os días 27 e 28 de marzo a circulación de trens con esa cidade desde Santiago, Ferrol e Rábade. Renfe habilita autobuses alternativos desde esas localidades entre a tarde do venres e o mediodía do sábado.
As obras na estación da Coruña cortarán os días 27 e 28 de marzo a circulación de trens con esa cidade desde Santiago, Ferrol e Rábade. Renfe habilita autobuses alternativos desde esas localidades entre a tarde do venres e o mediodía do sábado.
O Tribunal Constitucional declara ilegal un beneficio fiscal da Xunta por discriminar as empresas con sede fóra de Galicia. O pleno do TC rexeita que se poida aplicar un tipo más alto no imposto de actos xurídicos documentados ás sociedades de garantía recíproca que traballen en Galicia pero están domiciliadas noutra autonomía.
Máis de 4.000 persoas na protesta convocada polos bombeiros de Ferrol para pedir máis medios e persoal para os servizos de emerxencias, logo do grave incendio que provocou a morte dun mozo e a amputación dunha perna dun dos bombeiros. Unha moción presentada a través dos tres grupos da oposición pide a dimisión do alcalde e reclama ao Concello "condicións de traballo dignas" e que se "atendan de maneira inmediata as súas demandas". Foto: Cedida / Radio Ferrol.
Os votos de PP, Vox e Junts volven derrogar o Real Decreto-Lei do 'escudo social' que incluía medidas como a moratoria dos desafiuzamentos para poboación vulnerable ou a prohibición de corte de subministros básicos para estas mesmas persoas. Si saíu adiante, pola contra, a revalorización das pensións, que na anterior ocasión o Goberno de España incluíra nun único decreto coas demais accións que agora volven decaer. Na imaxe, o ministro Félix Bolaños defendendo durante o debate manter os reais decretos en vigor. [© Congreso]
Pedro Sánchez advirte do lanzamento de "loiadas sobre a miña saúde". "Non padezo ningunha enfermidade cardiovascular pero se fose así non habería ningún problema. Hai milleiros de persoas que as padecen e levan unha vida normal grazas aos servizos públicos que vostedes desmantelan", di o presidente do Goberno de España a través das redes sociais en referencia á "ultradereita e á dereita ultra" despois de que no pleno do Congreso a deputada do PP Cayetana Álvarez de Toledo cuestionase o Executivo ao respecto, ao fío de publicacións en portais dereitistas.
A asesora lingüística e tradutora Rosa Moledo, Premio de Honra Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual. O galardón, que recibirá na gala dos XXIV Premios Mestre Mateo o vindeiro 21 de marzo no auditorio Fuxan os Ventos de Lugo, recoñece unha traxectoria profesional de máis de trinta anos vencellada ao audiovisual galego, caracterizada polo rigor lingüístico, o compromiso coa lingua e unha achega fundamental á calidade das producións de cine, televisión e plataformas audiovisuais. Moledo traballou en numerosas obras audiovisuais para cinema, televisión e plataformas, como A lingua das bolboretas, Os luns ao sol, O lapis do carpinteiro, Cela 211, Os Fenómenos, O noso último verán en Escocia, Lupin, Mareas Vivas, 4º sen ascensor, A familia Pita, Fariña, O caso Asunta, ou Rondallas, entre outras moitas. Na imaxe, Lucía Veiga e Carmen Méndez, presidenta e vicepresidenta da Academia, anunciando o galardón xunto a Jacobo Sutil, director da Agadic [© Javi G. Sobrado]
Morre Tejero, o tenente coronel protagonista do 23-F. O anuncio da súa morte, aos 93 anos, coincide coa desclasificación de documentos do Golpe de Estado por parte do Goberno de España. [Imaxe: TVE]
O PP coloca un pequeno busto de Manuel Fraga nas instalacións do seu grupo no Parlamento "despois do debate suscitado nos últimos días, unha vez máis polos grupos da esquerda radical, cun ataque ao busto de Fraga localizado na súa vila natal, en Vilalba; e coa petición de retirada do que está colocado no Senado de España".
O Goberno de España ten xa publicada no web da Moncloa toda a documentación do 23F que vén de desclasificar. "Recordar o pasado é a mellor forma de avanzar con progreso, concordia e liberdade", sinala Pedro Sánchez.
✍️45 anos despois do golpe estamos a recuperar a reportaxe que elaboramos en Praza.gal polo cuadraxésimo aniversario, na que conversamos con militantes da esquerda sobre as súas vivencias daquel tempo e reconstruímos os nomes galegos das 'listas negras' que os golpistas manexaban
O BOE publica a desclasificación de todos os "asuntos, actos, documentos, informacións, datos e obxectos" relativos ao intento de golpe de Estado" do 23F e fai oficial o acordo aprobado este martes no Consello de Ministros. Está previsto que a documentación estea dispoñible no sitio web oficial de La Moncloa en torno ao mediodía deste mércores.
✍️45 anos despois do golpe estamos a recuperar a reportaxe que elaboramos en Praza.gal polo cuadraxésimo aniversario, na que conversamos con militantes da esquerda sobre as súas vivencias daquel tempo e reconstruímos os nomes galegos das 'listas negras' que os golpistas manexaban