A asesora lingüística e tradutora Rosa Moledo, Premio de Honra Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual. O galardón, que recibirá na gala dos XXIV Premios Mestre Mateo o vindeiro 21 de marzo no auditorio Fuxan os Ventos de Lugo, recoñece unha traxectoria profesional de máis de trinta anos vencellada ao audiovisual galego, caracterizada polo rigor lingüístico, o compromiso coa lingua e unha achega fundamental á calidade das producións de cine, televisión e plataformas audiovisuais. Moledo traballou en numerosas obras audiovisuais para cinema, televisión e plataformas, como A lingua das bolboretas, Os luns ao sol, O lapis do carpinteiro, Cela 211, Os Fenómenos, O noso último verán en Escocia, Lupin, Mareas Vivas, 4º sen ascensor, A familia Pita, Fariña, O caso Asunta, ou Rondallas, entre outras moitas. Na imaxe, Lucía Veiga e Carmen Méndez, presidenta e vicepresidenta da Academia, anunciando o galardón xunto a Jacobo Sutil, director da Agadic [© Javi G. Sobrado]
- HEMEROTECA | Entrevista - Rosa Moledo: "A tradución é un traballo que cando está mal, nótase e se non se nota normalmente é que está ben"
- HEMEROTECA | Entrevista - Rosa Moledo: "Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en moitos produtos actuais da TVG"