Estados Unidos e Israel atacan Irán. Donald Trump confirmou a través dunha mensaxe en redes sociais que Estados Unidos lanzou un gran ataque contra Irán. O presidente estadounidense comunicou que o país iniciou operacións de combate contra Teherán: "O exército de Estados Unidos está a levar a cabo unha operación masiva e en curso para impedir que esta moi malvada ditadura radical ameace a Estados Unidos e aos nosos intereses fundamentais de seguridade nacional".
- AMPLIACIÓN | Estados Unidos e Israel atacan Irán