A Xunta di prever un novo hospital na Coruña, pero aclara que polo momento non sabe se proporá unha ampliación do CHUAC ou un complexo diferente "nun novo emprazamento". Foi un dos asuntos abordados por Feijóo na súa primeira xuntanza oficial coa alcaldesa da cidade, Inés Rey.
Fálase
O BBVA, imputado como persoa xurídica por corrupción nos seus negocios co ex-comisario Villarejo. Está a contalo eldiario.es
O PP evita que Feijóo compareza no Parlamento para explicar o nomeamento de Corina Porro como delegada da Xunta en Vigo. Os grupos de PSdeG e En Marea pediron hoxe na Deputación Permanente da Cámara que o presidente da Xunta dese contas ao respecto nun pleno extraordinario e os populares consideraron a convocatoria "absurda, estraña e atípica".
VÍDEO | Vinte almorza en Traspielas (Fornelos de Montes) coa música e compositora Su Garrido Pombo. Bossa, folk ou latin conflúen no traballo dunha das artistas galegas do ano.
A candidata a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, comparece este luns ante a comisión de peticións do Parlamento como paso previo á votación da súa candidatura, que previsiblemente sairá adiante en pleno cos votos a prol, cando menos, do PP e do PSdeG.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero e deputados de Podemos (Julia Torregosa e Marcos Cal) e de Anova (Antón Sánchez) visitaron o Rainbow Warrior en Vilagarcía, sinalando o compromiso coa loita contra o cambio climático. Caballero criticou que ningún representante do Goberno galego se achegase ao barco e Cal pídelle á Xunta que explique "se comparte o veto do Porto de Vigo a Greenpeace"
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) pechou este sábado a súa 35ª edición cunha homenaxe a Ernesto Chao, finado o ano pasado ano, e lembrando igualmente o 50 aniversario da creación da asociación cultural Abrente, pioneira na promoción do teatro galego.
Este domingo comezan en Irlanda os Xogos Mundiais de fútbol gaélico, nos que compite a selección galega masculina e feminina. Os dous combinados, patrocinados por PuntoGal, enfrontaranse en primeiro lugar a Arxentina e Bretaña. No 2016, nos xogos mundiais de Irlanda, o equipo feminino foi quinto e o masculino, terceiro. E o pasado ano a selección feminina foi campioa de Europa e os homes foron subcampións.
O rei non celebrará, "polo momento", novas consultas cos grupos políticos para unha nova sesión de investidura tras o fracaso da de onte. Así o vén de facer público a Xefatura do Estado tras a xuntanza de Felipe VI coa presidenta do Congreso, Meritxell Batet, con quen manterá "contacto regular e permanente" para realizar a nova rolda de consultas antes da fin do prazo de dous meses que conduciría a novas eleccións.
A Xunta autoriza o trámite que faltaba para que o Concello de Lugo poida eliminar a pasarela fronte á Muralla que ía ser provisional e durou tres décadas.