Compostela Aberta aproba negociar co BNG a súa entrada no goberno local que encabezará Goretti Sanmartín no Concello de Santiago dende o vindeiro día 17. A asemblea da formación municipalista -na imaxe- deu luz verde a negociar dende este mércores unha posible coalición co Bloque e, "unha vez avancen as negociacións, a coordinadora volverá someter á decisión da asemblea o acordo concreto de goberno, para que sexa ese órgano o que teña a última palabra", detallan.
