Pedro Sánchez propón seis debates televisados con Feijóo ata as eleccións do 23X. O presidente do Goberno de España ofrece un cara a cara cada semana co líder da oposición de aquí aos comicios xerais. "Espero o señor Feijóo o vindeiro luns", dixo. Yolanda Díaz responde asegurando que "o bipartidismo é o pasado".
Fálase
O Goberno central confirma o asasinato dunha muller en Oia esta fin de semana como violencia de xénero. Con esta nova morte, son dúas as mulleres asasinadas por violencia machista en Galicia no que vai de ano, 67 desde 2003.
Boa parte de Galicia volve estar este luns en aviso amarelo por treboadas. A alerta atinxe a toda a provincia de Ourense, a toda a de Lugo agás A Mariña e mais ao interior da provincia de Pontevedra. Este domingo as treboadas descargaron con forza no interior do país e a súa intensidade provocou múltiplas incidencias na cidade de Lugo, con asolagamentos en instalacións públicas coma o hospital Lucus Augusti ou a estación de autobuses, así como múltiples rúas e baixos de edificios privados por precipitacións que supuxeron máis de 30 litros por metro cadrado en apenas vinte minutos
O Celta gaña ao Barça en Balaídos e logra a salvación, seguirá a ser un equipo de primeira división na vindeira temporada. Dous goles de Gabri Veiga conseguen o obxectivo do equipo celeste na súa última oportunidade, coa afición do seu lado. [Fotografía de Balaídos este domingo ©RC Celta de Vigo]
Alerta laranxa por fortes choivas en Lugo e Ourense con acumulacións de ata 30mm nunha hora. A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun fenómeno adverso de nivel laranxa que está a afectar á montaña, ao sur e ao centro de Lugo e á montaña e ao noroeste de Ourense. Na capital lucense houbo especiais problemas polas inundacións no hospital.
Representantes das directivas do PSdeG e do BNG manterán este luns un encontro en Santiago para analizar o mapa político resultante das eleccións municipais do 28M e iniciar as negociacións que faciliten a formación de gobernos progresistas nos concellos, segundo informan ambas formacións políticas.
O buque Ártabro da empresa ACSM, enviado a augas de Terranova para inspeccionar os restos do Villa de Pitanxo, toma as primeiras imaxes tras localizalo moi preto das coordenadas nas que afundiu, como avanza Faro de Vigo. [Imaxe dos servizos de rescate canadenses á procura dos tripulantes do Villa de Pitanxo tras o naufraxio © JRCC Halifax]
- HEMEROTECA | A Audiencia Nacional envía a Marín a causa sobre o 'Villa de Pitanxo' e ve indicios de 21 delitos de homicidio
- HEMEROTECA | Canadá suspende a busca dos desaparecidos do Villa de Pitanxo con doce tripulantes desaparecidos
- REPORTAXE | Trinta anos no mar de Terranova: "Non podemos ir a porto faga o tempo que faga; é moi malo cando máis peixe hai"
Outra formación postúlase para formar goberno en Sada. Unidos por Sada, na que se integran sete dos nove concelleiros que provocaron a moción de censura a Sadamaioría no concello, propón un acordo para un goberno de "xestión honesta e clara". A única edil do PSdeG non apoia a Sadamaioría, que precisa de socialistas e BNG, e segue propoñéndose como candidata.
Investigan o asasinato dunha muller dun disparo na tarde deste sábado no camping 'O Muiño' de Mougás, no concello de Oia, como un crime machista. A Subdelegación do Goberno en Pontevedra confirma que o asasino é un varón que xa foi identificado e está en busca e captura por parte das forzas e corpos de seguridade. O 112 recibiu un aviso a primeira hora da tarde e mobilizou a Garda Civil e axentes da Policía Autonómica ata o lugar dos feitos [na imaxe, CC-BY-SA Turismo de Galicia].
- +INFO | Asasinada unha muller en Oia pola súa ex-parella Garda Civil, que tiña unha orde de afastamento da vítima
- DATOS | As denuncias por violencia machista seguen en máximos en Galicia tras pechar 2022 con máis de 7.000
- "A orde de afastamento sen pulseira non vale": a vida das 151 mulleres no seguimento por violencia machista en Galicia
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu este sábado á celebración eucarística na que tomou posesión como arcebispo de Santiago o ourensán Francisco José Prieto, que substitúe a Julián Bario. [Foto © Conchi Paz/Xunta]