Investigan o asasinato dunha muller dun disparo na tarde deste sábado no camping 'O Muiño' de Mougás, no concello de Oia, como un crime machista. A Subdelegación do Goberno en Pontevedra confirma que o asasino é un varón que xa foi identificado e está en busca e captura por parte das forzas e corpos de seguridade. O 112 recibiu un aviso a primeira hora da tarde e mobilizou a Garda Civil e axentes da Policía Autonómica ata o lugar dos feitos [na imaxe, CC-BY-SA Turismo de Galicia].
- +INFO | Asasinada unha muller en Oia pola súa ex-parella Garda Civil, que tiña unha orde de afastamento da vítima
- DATOS | As denuncias por violencia machista seguen en máximos en Galicia tras pechar 2022 con máis de 7.000
- "A orde de afastamento sen pulseira non vale": a vida das 151 mulleres no seguimento por violencia machista en Galicia
