#28M Formoso remite aos resultados das negociacións co BNG a concreción dos pactos de goberno nos concellos e deputacións e tamén posibles acordos a respecto de Ourense, onde "o PSdeG non vai negociar nada con Jácome", mantén malia á postura da dirección provincial do partido. No marco da celebración da súa Comisión Executiva Nacional -na imaxe-, o secretario xeral do PSdeG ratifica que a súa intención é pechar un "acordo marco" co Bloque coas liñas xerais para os pactos nas institucións onde poden sumar maiorías e "tamén compartir reflexións con esta formación sobre o futuro de Ourense".
- Rueda evita confirmar a Baltar como candidato á Deputación de Ourense
- Principia a negociación en Santiago: o PSdeG apoia investir a Sanmartín e pide tempo para decidir se entra no goberno
- 🔊 PODCAST | Fálase - As municipais foron galegas
- A esquerda volve ter o groso do poder nas principais institucións locais galegas malia ao pulo do PP
