Unións Agrarias logra que a distribución retire o leite de Capsa e Lactalis dos seus supermercados durante esta fin de semana. Os cartóns de Larsa, President, Puleva ou RAM desaparecerán dos estantes como "xesto" para reivindicar o pagamento de "prezos xustos" aos gandeiros por parte destas industrias.
Fálase
A delegada do Goberno do Estado contra a violencia de xénero, Victoria Rosell, avanza que os asasinatos por violencias machistas que suceden fóra do ámbito da parella, ou que son consecuencia de agresións sexuais, vanse contabilizar nas estatísticas do Ministerio de Igualdad a partir do 1 de xaneiro de 2022.
Entre os recoñecementos a persoas, proxectos e institucións cun labor destacado na loita contra as violencias machistas, o Ministerio de Igualdade distingue este ano na categoría de resiliencia ao redondelán Joshua Alonso Mateo, orfo por violencia de xénero tras o asasinato da súa nai, Sesé Mateo García.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia autoriza a esixir o pasaporte COVID-19 aos acompañantes e visitas de pacientes ingresados nos hospitais galegos. Segundo os maxistrados, a medida ten "a función de evitar contaxios e de minimizar os riscos" e estará vixente ata o 4 de decembro. As persoas que non estean vacinadas poderán solicitar unha proba diagnóstica para acceder ao centro hospitalario ao que acudan como acompañante dun doente.
Aena informa de que o aeroporto coruñés de Alvedro “activou o seu plan de emerxencia por ameaza no voo Bilbao-A Coruña operado por Volotea”, que aterrou ás 7.30 desta mañá. O ente xestor dos aeroportos sinala que o pasaxe desembarcou, o avión estacionouse afastado e o aeroporto permaneceu operativo. Ás 10.00 horas o plan de emerxencia foi desactivado, segundo informa a Delegacion do Goberno de España, tras comprobar a Garda Civil que "non existía ningunha ameaza real".
Pontevedra acollerá a final do Campionato do Mundo de Tríatlon en 2023, en ano preolímpico, unha proba clave para a clasificación cara aos Xogos Olímpicos de París 2024. Así o anunciou o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, despois de que llo comunicase a Unión Internacional de Triatlón (ITU).
O deportista Javier Gómez Noya [na imaxe ©ITU Pontevedra 2019] , que resultou gañador do Mundial de Triatlón en 2019, foi o padriño da candidatura. Pontevedra xa acolleu varias probas do campionato de Triatlón no ano 2019 e agora albergará as probas decisivas das categorías Elite, Sub-23 e Paratriatlón.
Pedro Sánchez anuncia unha terceira dose da vacina contra a COVID a maiores de 60 anos e persoal sanitario.
O Concello de Ourense divulga unha mensaxe en vídeo de Jácome na que o alcalde ourensán reduce a "engano" as reivindicacións da plataforma SOS Ourense, que mañá se mobiliza na cidade contra o que consideran unha "desfeita" promovida polo rexedor xunto ao PP
En marcha a manifestación que reclama "futuro para A Mariña" en Burela durante a xornada de folga xeral na comarca. que os sindicatos aseguran que é xa "un éxito". "Polígonos parados, comercio, hostalería e sector servizos pechados e aulas case baleiras", di a CIG. Desde os Concellos advirten do "amplo seguimento" do paro. Máis información, hoxe en Praza.gal. (Imaxe: GeC)
Morre aos 69 anos o escritor, tradutor e académico chairego Darío Xohán Cabana. (Imaxe: © RAG)
Falece Xosé Manuel Sánchez Mesejo, ex-coordinador comarcal de EU na Coruña, candidato á alcaldía en 2003 e membro destacado de CCOO e do Partido Comunista. Foi tamén un dos fundadores da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Foto: EU-Coruña