Pontevedra acollerá a final do Campionato do Mundo de Tríatlon en 2023, en ano preolímpico, unha proba clave para a clasificación cara aos Xogos Olímpicos de París 2024. Así o anunciou o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, despois de que llo comunicase a Unión Internacional de Triatlón (ITU).
O deportista Javier Gómez Noya [na imaxe ©ITU Pontevedra 2019] , que resultou gañador do Mundial de Triatlón en 2019, foi o padriño da candidatura. Pontevedra xa acolleu varias probas do campionato de Triatlón no ano 2019 e agora albergará as probas decisivas das categorías Elite, Sub-23 e Paratriatlón.