O pregón da escritora Nieves Abarca abriu no serán do xoves as festas de María Pita da Coruña. Na, imaxe, a alcaldesa da cidade, Inés Rey, coa pregoeira e as voceiras municipais de Marea Atlántica, PP e C's no balcón da casa do Concello.

O pregón da escritora Nieves Abarca abriu no serán do xoves as festas de María Pita da Coruña. Na, imaxe, a alcaldesa da cidade, Inés Rey, coa pregoeira e as voceiras municipais de Marea Atlántica, PP e C's no balcón da casa do Concello.
A tradutora Antía Veres Gesto gaña a XVIII edición do Premio Plácido Castro de Tradución polo seu traballo coa novela A Lost Lady (Unha muller perdida), de Willa Cather. O xurado destaca "a capacidade de recreación da autora así como o acerto do uso dun galego extremadamente natural e próximo, empregando unha fraseoloxía propia sen alterar a atmosfera orixinal da novela".
A Xunta remite ao Parlamento o proxecto de lei de aproveitamento lúdico de augas termais, unha das once leis que non foi quen de aprobar en 2018 como prometera. Feijóo presentou o paso dado este xoves como unha mostra de que se está “acelerando nos últimos meses o calendario lexislativo do goberno”.
A selección feminina de fútbol gaélico cae nas semifinais dos Xogos Mundiais ante New York, actuais campioas.
O Deportivo debutará en Primeira xogando na casa fronte ao Espanyol o vindeiro 8 de agosto. A RFEF vén de publicar o calendario íntegro da Primeira Iberdrola. Nesta ligazón, todos os encontros do conxunto galego. (Imaxe: RCD Abanca)
A Xunta outorga as primeiras Medallas Pardo Bazán ao traballo pola igualdade á Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama, do Morrazo; a presidenta do observatorio contra a violencia machista do Poder Xudicial, Ángeles Carmona; e a Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN). Os galardóns entregaranse o 16 de setembro, aniversario do nacemento de Pardo Bazán.
A selección feminina gaña 13-2 a Canadá e xa está nas semifinais dos Xogos Mundiais de fútbol gaélico. O combinado galego masculino, no entanto, caeu ante Francia malia chegar á prórroga. (Imaxe: Selección Galega de Fútbol Gaélico)
Persoal de R e das súas auxiliares volveuse mobilizar este mércores na Coruña contra os despedimentos e a deslocalización de servizos da compañía. (Imaxe: @RebelinAluminio)
Pedro Sánchez anuncia unha rolda de contactos con sindicatos e colectivos sociais como paso previo a ofrecer un pacto programático para a investidura a Unidas Podemos, con quen o PSOE xa desbota formar un Goberno de coalición tras o fracaso da pasada semana.
O Concello de Trabada vén de escoller á segunda familia que habitará unha das vivendas que ofrecía de balde na localidade a quen matriculase dous ou máis nenos de 3 a 6 anos no colexio da vila. A familia, orixinaria de Guadalaxara, ten dous xemelgos de catro anos e unha nena de once, e coas súas matrículas asegúrase a continuidade na unidade de Infantil da escola. A Xunta anunciou esta semana o peche doutra seis escolas unitarias.