PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego diminuíron en 2.245 en marzo en Galicia (-1,56% e na media estatal, -1,67%) e quedan en 141.847, o que supón un -7,49% a respecto de hai un ano, mentres que no total estatal o descenso é do -7,93%. No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social aumentou en Galicia un 0,74% (+1,02% no total estatal), ata 1,044 millóns de cotizantes, isto é, un 1,47% máis que en marzo de 2022, fronte a un avance interanual medio no Estado do 2,73%.
Fálase
A UE confirma a Francia que non prohibirá a pesca de arrastre nas zonas mariñas protexidas. Anunciouno este domingo o goberno galo logo dun encontro co comisario europeo de Medio Ambiente e Pesca, Virginijus Sinkevicius, que confirmou que non imporá o veto de artes de fondo nin en 2024 nin en 2030, malia o plan presentado pola Comisión. Foto: CC-BY-NC Periódico Resumen.
A Xunta anuncia unha viaxe de Rueda a Panamá, Venezuela e México do 12 ao 17 de abril. O obxectivo, di o Goberno galego, é "manter encontros empresariais e institucionais". É a súa segunda viaxe a América como presidente tras visitar o pasado outubro Arxentina e Uruguai (na imaxe, en Buenos Aires).
O presidente de Asturias, Adrián Barbón, culpa dos incendios no Principado ao "terrrorismo medioambiental", di que a vaga foi "claramente organizada" e súmase ás teses que antes defendera a Xunta de Feijóo e que desmentiron desde a Fiscalía ata á policía, ademais das propias comisións de investigación.
Catro mozos mortos e un ferido grave ao caer o seu coche por un barranco en Xove. As vítimas son dous homes e dúas mulleres de Ribadeo. O sinistro produciuse ás 9:40 horas no punto quilómetro 1,100 da estrada LU-P-2604, á altura da urbanización Palmeiro. Imaxe: CRTVG.
O vindeiro curso escolar iniciarase en Galicia o venres 8 de setembro para todas as etapas. É a proposta que a Consellería de Cultura e Educación remitiu aos sindicatos e na que o curso 2023-24 finalizará o xoves 20 de xuño.
Extinguido o incendio iniciado en Baleira o pasado martes no que arderon 1.400 hectáreas de monte. Trátase do primeiro gran incendio forestal do ano en Galicia. O incendio de Alfoz, onde arderon 120 hectáreas, está controlado dende esta mañá, e o de Viveiro, con 90 hectáreas, púidose controlar xa este xoves. Imaxe: Brif Laza.
Asturias segue padecendo os efectos dunha virulenta vaga de incendios, con máis dun cento de focos, que mesmo obriga a cortar conexións viarias como a da autovía A-8 en dirección a Galicia. Na imaxe, efectivos da UME traballando nun dos incendios a pasada noite. En Galicia, o primeiro gran incendio do ano, en Baleira, foi dado por controlado e a súa superficie mantense en 1.400 hectáreas.
A campaña da Xunta contra a violencia de xénero polo 25N, a peor e a máis machista do ano para Facua. A organización de consumidores cualifica de "desafortunados" unha serie de anuncios que "volveron poñer o foco na actitude ou forma de vestir das vítimas, culpándoas se sofren algunha agresión".
“Hai que pedirlle ao PSOE que non intente facer política”, di o presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, sobre o nomeamento de José Ramón Gómez Besteiro como delegado do Goberno de España. O socialista tomará posesión do cargo o luns.