📲 Tes un WhatsApp de Praza❗️
🤗 Súmate á nosa canle e recibe o máis destacado da info que publicamos (sen te abafar con alertas continuas)
🔗 Canle de Praza.gal en WhatsApp
📲 E, coma sempre, tamén en Telegram
📲 Tes un WhatsApp de Praza❗️
🤗 Súmate á nosa canle e recibe o máis destacado da info que publicamos (sen te abafar con alertas continuas)
🔗 Canle de Praza.gal en WhatsApp
📲 E, coma sempre, tamén en Telegram
O Parlamento aproba cos votos do PP propoñer a Roberto Blanco Valdés como maxistrado do Tribunal Constitucional. Xunto a Juan Raposo Arceo conforma a proposta que a Cámara galega remite ao Senado, que elixe catro membros do TC entre os nomes formulados polos parlamentos autonómicos. O PSdeG propuxo o ex-ministro de Xustiza Francisco Caamaño. Na imaxe, Blanco Valdés durante un acto público [CC BY-SA Xunta]
A Real Academia Galega incorpora os termos canteirán e canteirá ao seu Diccionario a pedimento do Celta. A entidade acorda así a incorporación de dous novos significados de canteira ("lugar ou institución de procedencia de persoas talentosas para unha actividade especializada, particularmente no ámbito deportivo" e "conxunto de deportistas que se forman nun mesmo club").
O Tribunal Constitucional adía a súa decisión sobre a prórroga de Ence na ría de Pontevedra e deixa o asunto en mans do seu Pleno, segundo conta Diario de Pontevedra. A Sala Segunda do TC, composta por seis maxistrados, analizou este luns o recurso do Concello de Pontevedra contra a sentenza do Supremo que avalou a prórroga de Ence ata 2073 outorgada polo Goberno de Rajoy. Porén, en lugar de decidir por si mesma deixou o caso en mans do Pleno do Constitucional, composto por 12 maxistrados.
O TSXG confirma a procedencia do despedimento do representante dos traballadores da recollida do lixo da Coruña e líder do STL por "infraccións graves" na folga en 2024. O alto tribunal confirma que intentou boicotear a actividade empresarial, mesmo provocando avarías nos vehículos.
A Xunta repartirá entre os pais e nais de menores de dous anos 40.000 sensores de alerta para evitar que un pequeno quede esquecido no coche. Os dispositivos entregaranse dentro da Cesta Benvida para as familias de neonatos e nos servizos de pediatría do Sergas. A medida será obrigatoria nos vindeiros anos en toda a UE grazas á iniciativa do europarlamentario socialista Nicolás González Casares na Eurocámara. Foto: Amanda Mills, USCDCP. Public Domain.
O SMI subirá un 5,3%, ata os 1.286 euros brutos ao mes. O incremento do salario mínimo interprofesional será aprobado este martes no Consello de Ministros, segundo anunciou a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, que asegura que a suba aprobarase para que chegue á clase traballadora "de maneira íntegra, sen pagar impostos".
A Xunta recibe o embaixador da República Socialista de Vietnam para tratar "relacións económicas e comerciais". O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, e a directora do Igape, Covadonga Toca, reunirónse con Do Hoang Linh na súa primeira visita institucional a Galicia.
Yolanda Díaz retira a súa candidatura á Dirección Xeral da Organización Internacional do Traballo antes do inicio da votación. A vicepresidenta e ministra de Traballo lamenta, nunha carta feita pública a primeiras horas deste luns, que a dirección da Confederación Sindical Internacional (CSI) "impida a liberdade de voto" dos seus representantes na OIT, facilitando así a continuidade da actual directiva encabezada por Gilbert Houngbo, que "levou a OIT á peor crise da súa historia", censura. Na imaxe, Díaz comparecendo tras un Consello de Ministros [© Goberno de España]
As fortes chuvias derruban unha ponte en Vilamartín de Valdeorras na estrada entre Baxeles e San Vicente de Leira. As riadas están a castigar con dureza a comarca que fora unha das zonas cero dos incendios forestais de 2025. O Concello contempla "se fose necesario, unha evacuación de emerxencia" para a veciñanza afectada.