O xuíz absolve a Jácome polo empurrón a unha sindicalista durante a folga do transporte urbano de Ourense. O maxistrado considera que a acción do alcalde de Ourense puido ser "desproporcionada", pero non tivo intensidade dabondo para considerarse delito. Foi, agrega, "unha mera reacción ao feito de que a denunciante utilizase o megáfono a escasos centímetros da súa cara". Contra a sentenza, que vén de divulgar o TSXG, cabe recurso ante a Audiencia Provincial. O rexedor e líder de DO defende que "todos os ataques da prensa, a oposición política e o establishment quedan de novo en evidencia".
