O DOG fai oficial o novo nome do CEIP Plurilingüe Vila de Cee que deixa de homenaxear o falanxista Eugenio López.

O DOG fai oficial o novo nome do CEIP Plurilingüe Vila de Cee que deixa de homenaxear o falanxista Eugenio López.
Este luns estará activa unha alerta laranxa por vento no litoral do norte de Galicia, con refachos que chegarán aos 100 km/h. Igualmente, haberá treboada no mar, con aviso laranxa e ondas que chegarán aos 9 metros, e chuvias intensas en boa parte do país, especialmente na metade septentrional
Vén de falecer Mangüi Martín, baixista dos Diplomáticos de Monte Alto e colaborador doutras formacións musicais da Coruña, como a Banda Xangai. A información foi adiantada por La Opinión. Mangüi era unha das figuras máis coñecidas da escena musical da cidade nas últimas décadas
Investigado por intento de homicidio un home acusado de tentar atropelar a súa parella en Vigo. A maxistrada do Xulgado de Violencia sobre a Muller decretou a posta en liberdade do detido e imponlle unha orde de afastamento e prohibición de comunicarse coa parella e os fillos desta. Na imaxe, unha concentración contra a violencia machista en Vigo. [CC BY-SA Marcha Mundial das Mulleres]
O Concello de Ribadeo retira a cancela que impedía o acceso á Illa Pancha: "Non se pode privar do dominio público polo capricho dun concesionario que non cumpre coa súas obrigas nin pola Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, que é a titular da illa e non cumpre o pactado", argumenta o alcalde, Fernando Suárez (BNG). O rexedor (na imaxe, acompañado por operarios municipais e a Policía Local) subliña que o goberno local decidiu garantir así o acceso "porque así o di a lei e así o referendou a xustiza". [Imaxe: Concello de Ribadeo]
O pleno de Ourense volve pedir a dimisión de Jácome, nesta ocasión pola elección dun home condenado por abusos sexuais para interpretar un dos Reis Magos na cabalgata. O alcalde ourensán asegurou que descoñecía os antecedentes do home, que non era obrigatorio reclamarlle o certificado de antecedentes para ter contacto con menores e resolveu que, en todo caso, na cabalgata "non pasou nada". Desta volta a petición de dimisión parte dunha moción do PP, que entregou a en 2019 alcaldía ao líder de DO, con quen formou bipartito en dúas ocasións e cuxa permanencia no posto veu propiciando durante o mandato. A moción, que ten unicamente significado político e non implicacións xurídicas, saíu adiante con 22 votos a prol dos 27 cos que conta a corporación ourensá. Na imaxe, tirada da gravación do pleno, Jácome responde á moción.
CRISE DE PREZOS | O dato xeral da inflación segue a moderarse e pechou decembro en Galicia no 6,4% interanual, o que supón 1,1 puntos menos que o mes anterior, pero tamén sete décimas máis que o dato medio estatal, que descende ata o 5,7%. Os prezos da enerxía son os principais responsables dunha moderación que non se rexistra nos prezos dos alimentos: a inflación nestes produtos chega ao 16,6% interanual en Galicia, 1,2 puntos máis que en novembro, e o dato estatal sitúase no 15,9%, un crecemento de dúas décimas.
Detido un veciño da Mirandela (A Pobra do Caramiñal) acusado de prenderlle lume á súa casa mentres estaba no interior a súa parella, unha muller con discapacidade. Os feitos están a ser investigados como caso de violencia machista. O 112 confirma que os equipos de emerxencias desprazados ao lugar ratificaron que o incendio foi intencionado: "Observaron a manipulación de bombonas e o uso de material incendiario como o detonante dun lume con consecuencias en toda a vivenda". A muller, de 73 anos e encamada por mor da súa discapacidade, tivo que ser trasladada ao hospital da Barbanza a causa da inhalación do fume. Na imaxe, unha mobilización contra a violencia de xénero [CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo]
O Tribunal Supremo votará o 7 de febreiro se mantén ou anula as sentenzas que declararon ilegal a prórroga para que Ence permaneza na ría de Pontevedra ata 2073, concedida en 2016 polo Goberno do PP de Mariano Rajoy en funcións. A pasteira vén de comunicar á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) que, en senllas providencias ditadas este martes e mércores, o TS confirma que será ese día cando ditamine sobre os recursos interpostos contras as sentenzas da Audiencia Nacional que deron a razón ao Concello de Pontevedra e a Greenpeace. Inicialmente, a votación íase celebrar en outubro do ano pasado, pero o Tribunal adiouna.
O coruñés Cándido Conde-Pumpido, novo presidente do Tribunal Constitucional. Tras o desbloqueo da súa renovación a finais de 2022, na corte de garantías hai agora maioría do sector considerado progresista, no que se encadra o propio Conde-Pumpido, quen foi Fiscal Xeral do Estado durante os gobernos de Zapatero (2004-11) e maxistrado do Tribunal Supremo. A vicepresidencia recae en Inmaculada Montalbán, do mesmo sector. [Imaxe: © TC]