Detido un veciño da Mirandela (A Pobra do Caramiñal) acusado de prenderlle lume á súa casa mentres estaba no interior a súa parella, unha muller con discapacidade. Os feitos están a ser investigados como caso de violencia machista. O 112 confirma que os equipos de emerxencias desprazados ao lugar ratificaron que o incendio foi intencionado: "Observaron a manipulación de bombonas e o uso de material incendiario como o detonante dun lume con consecuencias en toda a vivenda". A muller, de 73 anos e encamada por mor da súa discapacidade, tivo que ser trasladada ao hospital da Barbanza a causa da inhalación do fume. Na imaxe, unha mobilización contra a violencia de xénero [CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo]
