O Tribunal Supremo votará o 7 de febreiro se mantén ou anula as sentenzas que declararon ilegal a prórroga para que Ence permaneza na ría de Pontevedra ata 2073, concedida en 2016 polo Goberno do PP de Mariano Rajoy en funcións. A pasteira vén de comunicar á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) que, en senllas providencias ditadas este martes e mércores, o TS confirma que será ese día cando ditamine sobre os recursos interpostos contras as sentenzas da Audiencia Nacional que deron a razón ao Concello de Pontevedra e a Greenpeace. Inicialmente, a votación íase celebrar en outubro do ano pasado, pero o Tribunal adiouna.
