CRISE DE PREZOS | O dato xeral da inflación segue a moderarse e pechou decembro en Galicia no 6,4% interanual, o que supón 1,1 puntos menos que o mes anterior, pero tamén sete décimas máis que o dato medio estatal, que descende ata o 5,7%. Os prezos da enerxía son os principais responsables dunha moderación que non se rexistra nos prezos dos alimentos: a inflación nestes produtos chega ao 16,6% interanual en Galicia, 1,2 puntos máis que en novembro, e o dato estatal sitúase no 15,9%, un crecemento de dúas décimas.
- AMPLIAMOS 👉 A inflación xeral segue a moderarse mentres continúa disparada nos alimentos cunha alza interanual de prezos do 16%
- A crise de prezos obriga as familias galegas a recortar gastos básicos ante a dificultade para chegar a fin de mes
- O Estado suprime seis meses o IVE da alimentación básica e lanza un cheque de 200 euros para as rendas máis baixas