O pleno de Ourense volve pedir a dimisión de Jácome, nesta ocasión pola elección dun home condenado por abusos sexuais para interpretar un dos Reis Magos na cabalgata. O alcalde ourensán asegurou que descoñecía os antecedentes do home, que non era obrigatorio reclamarlle o certificado de antecedentes para ter contacto con menores e resolveu que, en todo caso, na cabalgata "non pasou nada". Desta volta a petición de dimisión parte dunha moción do PP, que entregou a en 2019 alcaldía ao líder de DO, con quen formou bipartito en dúas ocasións e cuxa permanencia no posto veu propiciando durante o mandato. A moción, que ten unicamente significado político e non implicacións xurídicas, saíu adiante con 22 votos a prol dos 27 cos que conta a corporación ourensá. Na imaxe, tirada da gravación do pleno, Jácome responde á moción.
