O asasino de Diana Quer, condenado a 14 anos de prisión por violación da súa cuñada cando a vítima era menor de idade. A Audiencia Provincial da Coruña impón ademais a José Enrique Abuín o pagamento dunha indemnización de 30.000 euros e a prohibición de comunicarse ou achegarse á muller durante vinte e dous anos. Polo crime de Diana Quer fora condenado a prisión permanente revisable cun mínimo de 25 anos.
