A Axencia Europea do Medicamento (EMA) asegura que as primeiras vacinas contra o coronavirus chegarán na primavera de 2021. "Nos primeiros meses do vindeiro ano podería haber tres vacinas aprobadas pola EMA", di o seu director executivo, Guido Rasi.

A Axencia Europea do Medicamento (EMA) asegura que as primeiras vacinas contra o coronavirus chegarán na primavera de 2021. "Nos primeiros meses do vindeiro ano podería haber tres vacinas aprobadas pola EMA", di o seu director executivo, Guido Rasi.
Pharmamar anuncia "resultados positivos" do seu ensaio para o tratamento de pacientes con covid. O estudo do Aplicov demostrou "unha notable redución da carga viral" nos afectados por coronavirus, segundo indica a compañía.
Olga Novo, galardoada co Premio Nacional de Poesía que concede o Ministerio de Cultura por Feliz idade. O xurado destaca que se trata "dun relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis alá do tempo". Nesta entrevista de Montse Dopico, Olga Novo falou devagar para Praza.gal sobre a obra agora premiada.
A Xunta anuncia que abre expediente sancionador a Endesa por "desatender" os seus requirimentos para arranxar os problemas de turbidez e contaminación no río Eume creados pola xestión dun dos seus encoros. Foto: Adega.
A aplicación galega PassCOVID, complementaria da estatal Radar Covid de rastrexo de contactos, comezará a funcionar este sábado. Feijóo anuncia que a aplicación permitirá enviar avisos a persoas que rexistren o seu paso por determinados locais se posteriormente se detecta que por alí pasou algún caso activo.
O artigo 'A cardiopatía de Xulia', publicado por Diego Giráldez en Praza.gal, finalista do Premio de Xornalismo Fernández del Riego, que convoca Afundación. Os outros traballos finalistas foron publicados por Miriam Ferradáns en Sermos Galiza Cristina Pato en La Voz de Galicia
Membros de todos os grupos do Parlamento poñen a vacina da gripe para animar a cidadanía a solicitala e subliñar a súa importancia nun inverno que virá marcado pola confluencia deste virus coa COVID-19. Na imaxe, a vicevoceira do BNG, Olalla Rodil, en presenza do presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
A asociación veciñal do barrio coruñés de Labañou presentou na Xunta as alegacións en contra do proxecto urbanístico das Percebeiras. O colectivo recibiu o apoio da Marea Atlántica e do BNG, así como de máis de 30 entidades sociais, culturais ou veciñais da cidade que rexeitan tamén un plan que prevé 12 edificios e importantes alturas ao pé do mar.
O Goberno de Asturias anuncia que a comunidade autónoma volve á fase 2. As reunións sociais e familiares redúcense a seis persoas, prohíbense os eventos e actos e non se permite o consumo en barra nin en mesas se hai máis de seis persoas.
Portugal volve decretar o estado de calamidade, como ao comezo da pandemia do coronavirus, e limita as reunións a cinco persoas. O Goberno portugués, que ata agora mantiña o inferior estado de contingência, pasa agora a recomendar máscara tamén na vía pública.