A dirección do PSdeG anuncia cambios orgánicos e insiste en que o futuro pasa por Besteiro. O secretario xeral, Valentín González Formoso, asegura que o candidato á Xunta tivo "escaso tempo" para explicar o seu proxecto.
Fálase
Gastronomía | Que está a pasar na Mariña? A Mariña atravesa un momento crucial en termos turísticos e gastronómicos cunha estratexia que vai máis alá da hostalaría. Unha reportaxe de Jorge Guitián en VINTE
O PP descualifica a Democracia Ourensana como "desastre absoluto" e "populista" tras o 18F e menos dun ano despois de repartirse con Jácome o Concello e a Deputación de Ourense. Así o afirmou a secretaria xeral dos populares, Paula Prado, a pasada noite nunha entrevista en TVE. Prado asinou o pacto do PP co partido de Jácome tras as municipais de 2023. DO terá un escano no novo Parlamento pero, ao contrario do que aspiraba, non terá influencia ningunha na conformación da maioría de Goberno.
García-Page felicita a Rueda e alégrase de que "non gañase Puigdemont" en Galicia. O presidente socialista de Castilla-La Mancha celebra que non entren actores "independentistas" tras o 18F para poder manter a "estabilidade constitucional".
O PSdeG convoca a súa Executiva Nacional para avaliar o mércores os "moi malos resultados electorais". O secretario de organización do partido, Lage Tuñas, ve "positivo" que Besteiro se propoña "liderar no parlamento ao PSdeG e asumir en primeira persoa a reconstrución do proxecto político para Galicia"
Ana Pontón non descarta levar o PP á xustiza por "traspasar liñas vermellas" coas súas "descualificacións" durante a campaña. "Acusarte de terrorista é algo que non debemos deixar pasar", dixo a portavoz nacional do BNG nunha entrevista na Cadena SER.
Este domingo electoral está previsto o paso dunha fronte fría polo norte de Galicia que deixará chuvias a partir do mediodía. No sur o ceo estará nubrado con baixa probabilidade de precipitacións, segundo Meteogalicia.
Marín acolleu este sábado un acto de lembranza dos mariñeiros falecidos hai dous anos no afundimento do Villa de Pitanxo. Ao acto acudiron o delegado do Goberno de España, o presidente da Xunta e candidato do PP ou os candidatos de BNG e PSdeG. [Imaxe: Deputación de Pontevedra]
Morren dous traballadores na Cañiza atrapados baixo sacos de gran peso. A Axencia de Emerxencias informa de que un compañeiro alertou ao 112.
Sumar denuncia a Xunta e a Consellería de Sanidade ante a Xunta Electoral polos SMS ao persoal do Sergas anunciando melloras acordadas hai meses. A formación solicita "a sanción máis alta contemplada" e pide multas de 3.000 euros a Alfonso Rueda e ao conselleiro García Comesaña. Vox, pola súa banda, denunciou o pago de 550 euros aos mariscadores.