A FAO pide en Vigo avances na industria pesqueira cara á sostibilidade. A feria Conxemar comezou hoxe coa demanda da directora da División de Pesca e Acuicultura da FAO (Organización das Nacións Unidades para a Agricultura e a Alimentación), Vera Agostini, para que os axentes do sector transformador de produtos do mar busquen alianzas de cara a “avanzar na sostibilidade, tanto ambiental como social e económica”, a chamada transformación azul do sector.
Fálase
50 mulleres asasinadas por violencia machista no que vai de ano no Estado español. A Delegación do Goberno contra a violencia de xénero confirma como crime machista o que acabou coa vida dunha muller de 41 anos este xoves na provincia de Toledo. Con este feminicidio, 2023 xa supera o número de mulleres asasinadas polo feito de seren mulleres do ano 2022. A vítima tiña dous fillos menores de idade, o número de menores orfos por violencia de xénero no Estado ascende a 50 só neste ano. [Imaxe de arquivo CC-BY-NC-SA Gz Contrainfo]
- HEMEROTECA | A amplificación do negacionismo engádese ao verán como risco para o aumento da violencia machista
- HEMEROTECA | Aumentan as denuncias por violencia machista e as peticións de protección das vítimas no comezo de 2023
- HEMEROTECA | A muller asasinada en Oia estaba á espera de xuízo tras denunciar a ex-parella por violencia machista hai dous meses
A bioquímica húngara Katalin Karikó e o inmunólogo estadounidense Drew Weissman gañan o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina "polos seus descubrimentos sobre modificacións de bases de nucleósidos que permitiron o desenvolvemento de vacinas de ARNm eficaces contra a COVID-19".
Un peche na Consellería de Política Social reivindica un "convenio digno" nos Servizos de Axuda ao Fogar (SAF). Delegadas da CIG demandan a negociación inmediata dun convenio colectivo e un servizo "integramente público".
Centos de persoas marchan en Moaña este domingo en defensa da sanidade pública. Convocadas pola Mesa pola Sanidade Pública de Moaña e a Plataforma SOS Sanidade Pública reclaman a volta do PAC á Casa do Mar. Na manifestación [na imaxe CC-BY-SA Concello de Moaña] participou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen salientou a loita da veciñanza de Moaña durante 59 domingos demandando o reforzo da sanidade pública coa recuperación das urxencias e as ambulancias.
Trece persoas falecidas en Murcia no incendio dunha discoteca na zona de Atalayas. As autoridades non descartan que o número de mortes aumente mentres continúa o traballo dos bombeiros e as forzas de seguridade. Hai catro feridos e varias persoas desaparecidas. O concello decretou tres días de loito oficial no municipio. [Fotografía: 112 Región de Murcia]
Entra en funcionamento en Galicia o servizo 028 Arco da Vella, que ofrece información, asesoramento xurídico e atención psicosocial inmediata e especializada fronte as violencias por LGBTIfobia. A partir deste luns a Xunta activa un servizo que funciona no Estado desde o pasado 5 de xullo a través do Ministerio de Igualdade en coordinación coas comunidades autónomas.
É gratuíto, funciona as 24 horas do día e está dirixido ás vítimas de delitos de odio ou de discriminación por LGBTIfobia, así como para informar e atender calquera necesidade das personas LGBTI, ás súas familias ou achegados. Ademáis de chamar ao 028, pódese contactar no 028-online@igualdad.gob.es e/ou sevizo028arcodavella@xunta.gal.
Galicia despide setembro superando os 34 graos de temperatura no interior e os 30º na costa. As altas temperaturas continúan no primeiro día de outubro, segundo as predicións de Meteogalicia en Ourense os termómetros chegarán aos 36º, aos 33º en Lugo, 32º en Santiago, 31º en Vigo, Pontevedra e Ferrol e aos 29º na Coruña. O luns chegará unha fronte que entrará polo oeste da provincia da Coruña deixando nubes baixas e probabilidade de orballos a partir do mediodía, cunha baixada das temperaturas máximas.
Histórico: O Corno, Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián. A película en galego de Jaione Camborda gaña o máximo galardón do certame.
Feijóo reaparece no Foro A Toxa ao día seguinte de fracasar na súa investidura no Congreso "orgulloso" de non ceder a "ningunha chantaxe" dos partidos independentistas. O líder do PP considera que o referendo en Catalunya é "un cebo" para que a amnistía semelle "algo máis sensato". [Fotografía © Foro A Toxa]