A Xunta estende a toda Galicia o nivel máximo de alerta pola vaga de calor "ata polo menos o venres desta semana". A causa, sinala Sanidade, é "unha masa de aire moi cálida de orixe norteafricana" pero cunha "intensidade e mesmo a duración desta chegada de aire cálido sexa superior a outros episodios". O Goberno galego reitera os consellos habituais ante estes episodios, como evitar na medida do posible as actividades ao aire libre nas horas de máis calor ou a importancia de beber auga e velar por que tamén o fagan nenas e nenos, persoas da terceira idade ou con patoloxías que poidan agravarse por esta situación. Na imaxe, mapa de temperaturas previstas por MeteoGalicia para o mércores, día 13 e nesta ligazón, a previsión meteorolóxica completa.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/tmperaturas-13-xullo-2ad2fb6.png)