Alfonso Rueda celebra as cifras "incribles" de turismo rexistradas en Galicia, que atribúe en boa parte ao Xacobeo: "Ten moito que ver". O presidente da Xunta prevé "un peche de ano fantástico" tras o verán.

Alfonso Rueda celebra as cifras "incribles" de turismo rexistradas en Galicia, que atribúe en boa parte ao Xacobeo: "Ten moito que ver". O presidente da Xunta prevé "un peche de ano fantástico" tras o verán.
O incendio en Lobeira que afecta o Parque Natural do Xurés queimou xa 93 hectáreas, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Foto: ATBrif.
Trinta hectáreas ardidas nun incendio en Lobeira que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, segundo informa a Consellería do Medio Rural, que vén de dar por extinguido o fogo declarado o pasado luns en Moaña logo de queimar 23 hectáreas arboradas. Foto: @Incendiosgalic1
Miguel de Lira recibirá o Premio Cinema Galego na 15ª edición do FICBUEU. O actor recibirá o galardón e será entrevistado polo xornalista e produtor Gaspar Broullón, uníndose a anteriores gañadores, como Alfonso Agra, Antonio Durán ‘Morris’, Mabel Rivera, Luis Zahera ou Melania Cruz.
Medio Rural dá por controlado o incendio na parroquia de Meira, en Moaña, que na tarde deste luns mantivo alerta a toda a veciñanza da zona pola proximidade das lapas ás vivendas, polo que se decretou a Situación 2 de emerxencia. A Consellería estima que arderon máis de 20 hectáreas de terreo neste lume, no que aínda seguirán traballando ata lograr a súa extinción.
O lume na parroquia de Guillade, en Ponteareas, segue estabilizado e "evoluciona favorablemente", segundo traslada Medio Rural. Leva arredor de 25 hectáreas ardidas e está "practicamente perimetrado".
Activos varios incendios en Moaña, As Neves ou Negreira. O que afecta ao Morrazo, achegado ás casas en Meira, obrigou a cortar o Corredor do Morrazo entre os quilómetros 5 e 6, segundo informa Medio Rural. Foto: @Incendiosgalic1
+INFO | A tregua dos incendios remata e o lume ameaza vivendas en Moaña e Ponteareas
Pedro Sánchez anuncia que o Consello de Ministros declarará mañá como "zona catastrófica" os territorios afectados polos "grandes incendios deste ano". En Galicia, nove incendios superaron as 500 hectáreas ardidas neste verán, superficie a partir da cal son considerados Grandes Incendios Forestais (GIF).
Este domingo finalizou en Vilagarcía de Arousa o Festaclown 2022 cunha 'Gala contra a Guerra' realizada por Pallasos en Rebeldía. "Cremos no circo e na risa como motor de cambio", subliñou a organización
Finaliza a rodaxe do filme 10 de marzo, centrado nos sucesos de 1972 en Ferrol, onde foron asasinados os traballadores Amador Rey e Daniel Niebla por disparos da Policía Armada. A produtora Arthur Gordon vén de finalizar a rodaxe das dramatizacións desta película que chegará aos cines no último trimestre do ano.
Derrubado o van do viaduto da A-6 en Pedrafita que aínda quedaba en pé logo do colapso sufrido pola vía no pasado mes de xuño. O treito que aínda quedaba foi botado abaixo pasadas as 13 horas.