Segundo publica El Progreso, o Concello de Outeiro de Rei decide analizar 46 bens que a Igrexa rexistrou ao seu nome e reclamar os que tivesen orixe pública. A iniciativa foi lanzada polo BNG e apoiada polo PP que goberna o municipio con maioría absoluta, que a emendou para analizar só os bens que tivesen orixe pública e non privada.
Fálase
Unha concentración "contra a represión sindical", cos líderes das tres principais centrais de Galicia, apoia os catro representantes do persoal despedidos por Alu Ibérica no inicio do xuízo por unha posible vulneración de dereitos sindicais.
O presidente de Puertos del Estado advirte que o Porto da Coruña terá que "vender activos" e insiste en rexeitar condonar a débeda e critica que non se cumpriu "nada do que se pactou" nos convenios de 2004. Francisco Toledo analizou a situación dos peiraos coruñeses nunha entrevista na Cadena SER.
O DOG deste venres fai oficiais as novas leis de saúde e de reactivación económica que entrarán en vigor este sábado e dentro de 20 días respectivamente. Estas son as principais medidas das dúas normas:
O Concello da Coruña únese ao de Sada e á Deputación provincial e recorrerá o ditame sobre o Pazo de Meirás que obriga a indemnizar os Franco.
A Xunta vén de publicar o DOG extraordinario coas novas restricións polo coronavirus que entran en vigor esta próxima medianoite. Este é o seu ámbito xeográfico tras as sucesivas modificacións que sufriu desde o seu anuncio o pasado luns. Ao longo da tarde, máis información sobre o resto de restricións en Praza.gal.
As oposicións de Educación comezarán o 19 de xuño tras a anulación do pasado ano polo coronavirus. A Xunta duplicará o número de tribunais (pasan de 163 a 359) como medida de seguridade fronte á COVID.
Baltar nomea vicepresidente segundo da Deputación de Ourense a César Fernández ao día seguinte de perder a alcaldía de Ribadavia pola aprobación da moción de censura que impulsaron PSdeG e Ribeiro en Común. A nova alcaldesa da vila é a socialista Noelia Rodríguez. O PSdeG ve no nomeamento de Fernández unha "operación caciquil" para "salvarlle o soldo". O ex-alcalde de Ribadavia ocupa o posto que antes desempeñaron dous membros de Democracia Ourensana.
A exposición Galicia, de Nós a nós pode verse desde este mércores e ata o 11 de abril no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense tras o seu paso previo pola Cidade da Cultura e antes de viaxar tamén a Pontevedra. Recuperamos unha ducia de paradas obrigadas na mostra.
A Xunta concreta os concellos que estarán en cada nivel de restricións dende o vindeiro venres e avanza que, previsiblemente, o Diario Oficial de Galicia publicará todas as restricións mañá, mércores. Segundo as mudanzas comunicadas este martes, que afectan a unha decena de localidades, esta sería a distribución final dos concellos