O BNG de Crecente impugna o censo da vila cara ás eleccións municipais do 28 de maio ante a delegación provincial da Oficina do Censo Electoral tras comprobar que o concello figura na "lista de municipios cun incremento anormal do padrón" elaborada por este organismo.
A fronte nacionalista asegura que no mes de xaneiro xa solicitou que o Instituto Nacional de Estadística investigase "o elevado índice de altas producidas dende o ano 2020, en concreto 270 altas nos últimos tres anos, que tendo en conta as circunstancias demográficas e económicas do noso municipio (Crecente, como se pode observar nas estatísticas, non para de perder poboación) non teñen sentido nin explicación lóxica". [Na imaxe, a casa consistorial © Concello de Crecente]