Virxinia Pereira xa ten a súa avenida en Pontevedra. Operarios do consistorio mudaron este venres as placas da rúa en presenza do alcalde e outros membros do goberno local. O cambio, destaca Miguel Anxo Fernández Lores, responde á decisión de honrar a Pereira como "persoa de Pontevedra, defensora do legado de Castelao" e mais de "visibilizar a potencia das mulleres da cidade". "Esta rúa era merecente de cambiar o nome porque a persoa que o representaba, o rei emérito Juan Carlos I, non era merecente" e, coida Lores, "cada vez é máis obvia esta percepción". "É o momento de cambialo por unha persoa que si merece recoñecemento", conclúe. (Imaxe: Concello de Pontevedra).
Fálase
Doce días despois dáse por “totalmente extinguido” o incendio no polígono do Ceao, onde durante este tempo varios reténs seguiron actuando “para evitar que os rescaldos avivasen e manter a seguridade do lugar”.
A Xunta incorpora dende o luns a Vilanova de Arousa ao grupo de concellos coas máximas restricións pola COVID-19, no que seguirán A Pobra do Caramiñal, O Grove, Carballeda de Valdeorras e Cualedro. Ademais, unha decena de municipios sobe de nivel de restricións e catro (Rubiá, As Pontes, Muxía e Ortigueira) descenden ao nivel baixo. 12 concellos quedan no nivel alto (Lobeira, Muiños, Petín, O Barco de Valdeorras, Meira, Ribeira, Cambre, Marín, Meis, Meaño, Ribadumia e Ponteareas) e unha vintena, no medio (Cartelle, Lobios, Cortegada, Padrenda, Verín, Trabada, Barreiros, Chantada, Boiro, Rianxo, Carnota, Carral, Catoira, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Poio, Sanxenxo, Cangas, Gondomar e Vigo). Inicialmente, a Xunta situou Trabada e Barreiros no nivel alto, pero minutos despois corrixiu o erro.
O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, a directora xeral da Garda Civil, María Gámez, e o ex-vicepresidente do Goberno de España e candidato de Unidas Podemos en Madrid, Pablo Iglesias, denuncian a recepción de cartas con ameazas de morte e balas no seu interior. Cóntao Infolibre. Imaxe divulgada por Iglesias na súa conta de Twitter
Víctor Freixanes optará á reelección e será o único candidato a presidir a Real Academia Galega. O editor e docente incluirá na súa candidatura á cineasta Margarita Ledo Andión.
Xulio Ferreiro, ex-alcalde da Coruña pola Marea Atlántica, será o vindeiro decano da Facultade de Dereito da UDC, onde exerce como profesor titular. Segundo as candidaturas proclamadas pola institución académica, é o único aspirante ao posto no proceso electoral que desenvolve a Universidade coruñesa.
O TSXG prevé que o xuízo do caso Angrois "poida comezar a celebrarse no primeiro trimestre de 2022", polo que a sentenza non chegaría, cando menos, ata 9 anos despois do accidente. Así o avanzou o alto tribunal galego no marco dunha "xuntanza organizativa" con xuízas e xuíces dos xulgados de Santiago.
O Diario Oficial de Galicia publica as mudanzas nas restricións da Xunta pola COVID-19 que estarán en vigor dende a vindeira medianoite. Ademais dos cambios de nivel por concellos, inclúe a ampliación de capacidade dos mercados, feiras e congresos e o permiso para reiniciar, aínda que con limitacións, a actividade das atraccións de feira.
- MAPA INTERACTIVO | As restricións da Xunta pola COVID, concello a concello
O PP pide agora ao PSdeG para negociar unha censura en Ourense contra Jácome que o seu voceiro non só non sexa o candidato senón que tamén dimita como concelleiro. Os populares reclamaban que Rafael Rodríguez Villarino non fose quen encabezase a moción contra o actual rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, pero tras anunciar este luns o socialista que está disposto a non ser o candidato para facilitar a operación, agora os populares queren que tamén deixe de ser concelleiro.
Feijóo considera que o Goberno de España non recorrería no Constitucional a reforma sanitaria promovida polo PP en Galicia "se estivese redactada en catalán". Afirmouno esta mañá nunha entrevista en Onda Cero. Segundo o previsto, tras o recurso gobernamental, o TC suspendeu cautelarmente os preceptos recorridos, como os relativos á vacinación. Na imaxe, Feijóo onte co delegado do Goberno de España, José Miñones.