Falece Elvira Varela Bao, memoria das Irmandades da Fala e das vítimas da represión franquista en Galicia. Era a filla da mestra Elvira Bao e do mariño Bernardino Varela, ambos perseguidos tras o golpe de 1936 pola súa militancia galeguista. Imaxe tirada dunha entrevista realizada en 2014 pol'A Gentalha do Pichel, gravación dispoñible nesta ligazón. En 2013 foi recoñecida como Republicana de Honra.
Fálase
O Concello da Coruña aprobará no vindeiro pleno a recuperación do topónimo do barrio de Xuxán para o coñecido como Parque Ofimático. Así o resolveu a Comisión de Honras e Distincións celebrada onte. A decisión baséase nun traballo do seminario de Onomástica da RAG que recompilou medio cento de topónimos da contorna. En Praza.gal entrevistamos o autor do informe, Iván Méndez.
Unha quincena de medios de comunicación, entre eles Praza.gal, piden ao CIS que volva preguntar a opinión cidadá sobre a monarquía e o faga mediante unha enquisa monográfica. A petición íntegra foi formulada a través dunha carta que se pode consultar nesta ligazón.
Zara lanza unha liña de prendas ilustradas con caligramas de Uxío Novoneyra. No proxecto colabora a Fundación Uxío Novoneyra, que vela polo legado do poeta do Courel.
A Xunta autoriza este martes no DOG a reapertura este mércores 15 das residencias xuvenís, albergues e campamentos xuvenís e residencias de tempo libre. Tamén este mércores reabrirán os centros de día tras as críticas das familias e profesionais e varios cambios de criterio do Goberno galego, que o anunciou ao comezo da campaña electoral.
Neste espazo ao vivo podes ver como fomos contando os principais feitos da xornada de votación do 12X, unhas eleccións galegas inéditas.
As eleccións en Euskadi dan a vitoria ao PNV que pasa de 28 a 31 escanos e precisa doutros 7 para obter os 38 que dan a maioría absoluta. Soben tamén os seus ata agora socios socialistas de 9 a 10, ao igual que EH Bildu, de 18 a 22, mentres que a coalición de PP e Ciudadanos baixa de 9 a 5, Podemos de 11 a 6 e entra Vox cun escano.
Este domingo electoral hai risco extremo de incendios forestais en boa parte de Galicia. A pasada noite a Xunta deu por controlado o incendio da Pobra do Caramiñal cunha superficie estimada dunhas 47 hectáreas. Meteogalicia prevé para hoxe temperaturas superiores aos 30º ou moi próximas en toda Galicia.
Meteogalicia prevé para este domingo electoral temperaturas superiores aos 30º ou moi próximas en toda Galicia, con treboadas no interior durante a tarde. Valdeorras, o litoral de Pontevedra e o val do Miño nesa provincia e en Ourense teñen aviso amarelo por temperaturas máximas por riba dos 34º.
A Xunta dá por “estabilizado”, que non controlado, o incendio da Pobra do Caramiñal cunha estimación dunhas 60 hectáreas. Na súa extinción están participando medios de toda Galicia e tamén estatais. A imaxe do incendio é de @BrifLaza.